Na tempada 2020-2021 levouse a cabo a 88ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R..

Disputaron esta competición da Copa do Rei os catro equipos que quedaron en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogou dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante. Torneo da Copa do Rei O Copa do Rei comezou propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contou oficialmente con catro participantes e constou de tres encontros: as dúas semifinais e a final. Semifinais: Encontro único (2 de maio de 2021) Barcelona 16-20 Aparejadores El Salvador 3-7 Alcobendas Final: Encontro único (6 de xuño de 2021) Aparejadores 13-37 Alcobendas Cadro da competición

A final da Copa do Rei de rugby tivo lugar en Albacete, cidade que nunca acollera unha final de Copa. O encontro rematou co resultado de 37 a 13 a prol do Club Alcobendas Rugby, que deste xeito acadou o seu terceiro título consecutivo nesta competición. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

2021 Categoría:Rugby en 2021