Antonio "Toñito" Blanco, nado na Coruña en 1964, e finado en 1994, foi un guionista, actor e director de cinema galego. É coñecido por ser un dos creadores do programa Xabarín Club da TVG, e codirector do filme de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos xunto con Ricardo Llovo, un dos poucos exemplos do cinema gore galego.
Foi actor e guionista na serie Composteláns e colaborou como experto en banda deseñada no magazine A tumba aberta. Tamén escribiu recensións e guións para televisión, traballando no departamento de promocións da TVG.
Filmografía Como actor Composteláns (serie de televisión, 1989)
Como director A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993) Xabarín Club (1994)
Programas de televisión A tumba aberta (1988)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en Culturagalega.gal Documental Toñito Blanco: só, perdido e vicioso da TVG
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1994 Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes