Tahúres Zurdos é un grupo de rock orixinario de Potasas (Navarra) cuxa carreira se estendeu entre 1987 e 2004.http://www.diariodenavarra.es/edicionimpresa/articulo.asp?not=a64art32352a&dia=20031208&seccion=culturaysociedadhttp://elpais.com/diario/1994/11/30/cultura/786150011_850215.htmlhttp://www.lastfm.es/music/Tahures+Zurdos

O grupo separouse en 2004, tras 17 anos en activo.

Historia A formación orixinal do grupo era Aurora Beltrán (voz, e guitarra), Manuel Lolo Beltrán (irmán de Aurora e tamén guitarra), Luis Salcedo (baixo) e Javier Lizarazu Puntxes (batería).

Lolo e Aurora proveñen da vila mineira de Potasas. Desa vila, e da existencia nela dun casino onde os traballadores da mina gastaban o soldo, vén o nome de "tahúres" que bautiza o grupo. A cuestión de "zurdos" é relativa a que tanto Aurora como Lolo son zurdos. As orixes do grupo remóntanse a Pamplona e a unha serie de actuacións dos seus membros no País Vasco, Navarra e outros lugares do norte de España.

Con 40.000 pesetas gravaron unha maqueta que máis tarde sería un disco homónimo.

O relativo éxito dos seus dous primeiros discos serviulles para fichar por EMI con Nieve negra e máis tarde con outras discográficas.

En 1990 Juan Manuel Ugarte incorporouse ao grupo (baixo).

En 1992 actuaron con éxito no festival Actual, en Logroño.http://elpais.com/diario/1992/01/06/cultura/694652401_850215.html

En 1997 publicaron Tak cun rock menos severo.http://elpais.com/diario/1997/12/29/cultura/883350007_850215.html O disco contiña unha versión de Piece of my heart de Janis Joplin.http://elpais.com/diario/1997/12/29/cultura/883350007_850215.html

En 2004 gravaron en directo o seu último disco, Directo - 17 añoshttp://elpais.com/diario/2004/05/14/espectaculos/1084485601_850215.htmlhttp://www.elmundo.es/metropoli/2004/09/27/musica/1096285780.html

O grupo despediuse en 2004, tras dezasete anos de carreira musical e nove discos.http://elpais.com/diario/2004/09/30/madrid/1096543467_850215.htmlhttp://www.diariodenavarra.es/edicionimpresa/articulo.asp?not=a59art275487a&dia=20040903&seccion=culturaysociedad

O grupo reuniuse no verán de 2019 para un concerto benéfico, tras o cal anunciaron algúns máis por toda España a partir do Nadal dese mesmo ano.

Influencias Nas súas cancións obsérvase unha influencia de The Who, Led Zeppelin, David Bowie ou Lou Reed.

Membros

Aurora Beltrán (voz e guitarras), desde 2007 segue a súa carreira musical como solista, Lolo Beltrán (guitarras), Luís Salcedo (baixista até 1990), Juanma Ugarte (baixista desde 1990) e Javier Lizarazu Puntxes (batería).

O grupo separouse en 2004, tras 17 anos en activo.

Discografía

Tahúres zurdos, 1988 Oihuka Tahuría, 1990 Oihuka Nieve negra, 1991 EMI Árido, 1992 EMI La caza, 1994 EMI Azul, 1996 BMG-Ariola Tak, 1998 Arcade Acústico de la Cadena SER El tiempo de la luz, 2000 Sony 17 Años, 2004 Do it Records. 17 años é o título do disco recompilatorio no que grupo navarro incluíu cancións da súa primeira época e que foi gravado en directo en Tudela en decembro de 2003. O disco acompáñase de dous CD e un DVD no que se ofrecen 23 cancións e imaxes dos mellores concertos que o grupo ofreceu ao longo da súa historia (1988 - 2001).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información xeral do grupo 

Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais formados en 1987 Categoría:Grupos musicais separados en 2004