Tópaga é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Sugamuxi. Tópaga atópase no Altiplano Cundiboyacense, co seu centro urbano a unha altitude de 2 900 metros, mentres que a topografía do concello varía dende os 2 400 metros até os 3 200. Limita con Nobsa e Corrales polo oeste, con Mongua e Gámeza polo leste, con Gámeza polo norte e con Monguí e Sogamoso polo sur. A capital do departamento, Tunja, está a 98 quilómetros. O río Chicamocha discorre por Tópaga.Official website Tópaga

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca