Caridad Zazo Cardeña, nada en Villaluenga de la Sagra, Toledo, o 22 de xaneiro de 1945, é unha xeóloga española, especializada nos cambios do nivel do mar no Cuaternario. É profesora investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid. Desde 2015 é membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

Traxectoria Licenciouse en 1968 en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén se doutorou en 1980. Entre 1984 e 1988 foi profesora titular do Departamento de Xeomorfoloxía e Xeotectónica da Facultade de Ciencias Xeolóxicas. Desde 1986 pertence ao CSIC, primeiro como colaboradora, desde 1989 como investigadora científica e, desde 1991, como profesora investigadora no Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Desde 1990 foi vicepresidenta e de 1992 a 1994 presidenta da Sociedade Española de Xeomorfoloxía.

Desde 1992 é presidenta do Comité Español da Unión Internacional para a Investigación do Cuaternario (INQUA), organización na que tamén pertenceu a diversos comités e subcomités internacionais.

Premios e honras 2009: "Golden Chondrite of Merit", Centro de Investigaçao Marinha e Ambiental (CIMA) da Universidade do Algarve (Portugal) 2011: «Arquero de Ouro», medalla nº 2, Asociación Española para el Estudio del Cuaternario (AEQUA)AEQUA Premio Arquero de Oro .

Notas

Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en 1945 Categoría:Xeólogos de España Categoría:Nados na provincia de Toledo