Nuevo Colón é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Márquez. O centro urbano atópase a unha altitude de 2 500 metros no Altiplano Cundiboyacense, a unha distancia de 34 quilómetros da capital do departmento, Tunja. Nuevo Colón limita cos concellos de Boyacá, Ventaquemada e Jenesano polo norte, Tibaná e Turmequé polo sur, Tibaná polo leste e Turmequé e Ventaquemada polo oeste.Official website Nuevo Colón

Etimoloxía Nuevo Colón chamábase orixinalmente Chiriví, que era o nome da área antes da invasión dos españois, cando estaba habitada polo pobo muisca. Chiriví quere dicir "noso".El significado del nombre Boyacá y sus pueblos Recibiu o nome de Nuevo Colón en 1907.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca