Cicely Thompson, nada o 9 de xuño de 1919 en Great Ouseburn (Inglaterra) e finada o 3 de febreiro de 2008, foi unha enxeñeira nuclear.

Biografía Jane Cecily Thompson era fila de James Osbert Thompson e Jane Harrision Highmoor. O seu pai era arquitecto-aparellador.

Thompson estudou matemáticas no Girton College de Cambridge. Adicouse á enxeñería cando se uniu ao servizo de electricidade de Leicester, comezando unha carreira no deseño e desenvolvemento de centrais eléctricas. Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society

Carreira En 1956, Thompson uniuse ao John Thompson Group of Associated Electrical Industries (AEIJTG) e foi a única muller dos equipos que deseñaron dúas centrais nucleares para a Central Electricity Authority, incluíndo a planta Hinckley Point B e máis tarde a central Dungeness Electric. Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society

En 1958, uniuse á Institución de Enxeñeiros Eléctricos e fíxose membro en 1986. Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society

En 1980, traballou como enxeñeira de proxectos en Nuclear Power Co (Risley). Recibiu un MBE en 1980 polo seu traballo na industria nuclear.The London Gazette, Supplement 48059, 7 Jan 1980, p298 Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society

Apoio ás mulleres na enxeñaría Thompson uniuse á Women's Engineering Society (WES) en 1947. En 1972, Thompson fixo unha xira por Gran Bretaña dando conferencias "Verena Holmes", deseñadas para animar a máis nenas a estudar enxeñería. Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society

Entre 1977 e 1981, Thompson foi membro do comité da rama de Manchester da Women's Engineering Society. Foi elixida presidenta de WES en 1963 e 1965, sucedendo a Isabel Hardwich no cargo en 1963. Branch Reports, The Woman Engineer, vol 12, pages 40,66,72,108,160 Thompson non puido cumprir os dous anos completos no cargo debido ao seu traballo en Italia, e foi substituída por Dorothy Cridlan, pero retomou a presidencia en 1965.

Falou na primeira Conferencia Internacional de Mulleres Enxeñeiras e Científicas (ICWES) en Nova York nun panel ao que tamén asistiu a enxeñeira australiana de telecomunicacións Olwen Wooster e asistiu á segunda conferencia ICWES en Cambridge en 1967 .

En 1989 publicou unha historia da Women's Engineering Society e en 1990 recibiu a Medalla Isabel Hardwich. Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society

Tamén foi elixida membro da Society of Women Engineers.

Notas

Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1919 Categoría:Enxeñeiros de Inglaterra