Günter Dembski, nado o 19 de decembro de 1943 en Königstetten, na Baixa Austria, é un numismático austríaco, vinculado ao Gabinete Numismático de Viena e á Universidade de Viena.

Traxectoria Logo da súa graduación en ensino secundario no instituto de St. Johann im Pongau en 1961, Demski estudou Latín, Alemán, Historia antiga, Arqueoloxía e Numismática antiga na Universidade de Viena, e acadou o seu doutoramento en 1969."HR Prof. Dr. Günther Dembski". Naturhistorisches Museum Wien.

Un ano antes do seu doutoramento ingresou no Gabinete Numismático de Viena, vinculado ao Kunthistorisches Museum, no que se responsabilizou inicialmente da colección de moedas antigas, en condición de conservador, e en 1975 foi nomeado responsable de seguridade do museo. Desde 1995 e ata a súa xubilación a finais de 2008 ocupou o cargo de director deste gabinete.

Paralelamente, en 1988 comezou o exercicio da docencia universitaria, como profesor de Numismática antiga na Universidade de Viena.

En 1998 foi nomeado representante austríaco no Consello Internacional de Museos (ICOM) e un ano máis tarde vicepresidente consultivo do ICOM.

Recoñecementos

(1992): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Jeton de vermeil de la SFN". Société Française de Numismatique (SFN). (2004): Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Die Eckhel Medaille ". Österreichische Numismatische Gesellschaft.

Publicacións

A Günter Dembski correspóndenlle máis de 200 referencias bibliográficas sobre numismática e arqueoloxía, algunhas delas como monografías."Dembski, Günther". WorldCat Identities."Dembski, Günther 1943- ", Digital Library Numis."Günther Dembski". BnF Data.

Escolma de monografías

(1979). Kataloge der antiken Münzen. Reihe A. Griechen. 1: Hispanien und die römischen Provinzen Galliens. Viena. ISBN 9783900325008 (1986). Keramik und Kleinfunde des Legionslagers von Carnuntum : Grabungen 1976-1977 (con M. Grünewald). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 9783700107873 (1993). Münzen der römischen Kaiserzeit: Kaiser, Götter, Propaganda . Österreichische Nationalbank, Viena. (1995). Zimelien aus dem Münzkabinett des Kunsthistorischen Museums: Sonderausstellung April bis Oktober 1995 (con M. Alram e K. Schulz). Österreichische Nationalbank, Viena. (1998). Münzen der Kelten. Kunsthistorisches Museum, Viena. (2000). Non olet: das Geld der Römer. Kunsthistorisches Museum, Viena. ISBN 9783854970125 (2004). Ausgewählte Funde vom Rennweg 44 in Wien (con M. Zavadil). Phoibos, Viena. ISBN 978-3901232497 (2005). Die antiken Gemmen und Kameen aus Carnuntum. Phoibos, Viena. ISBN 9783901232534 (2007). Numismata Carnuntina Forschungen und Material (con M. Alram). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena

Escolma de artigos

(2001). "Joseph Hilarius Eckhel (1737-1798) ". En Compte rendu, 48. Numismatic International Council. Páxinas 55-59. (2005). "Monetary supply in Noricum ". En Alfaro, C. et al. XIII Congreso Internacional de Numismática, Madrid, 2003: actas. Ministerio de Cultura, Madrid. Páxinas 1.003-1.004 (2007). "Ferdinand Welz: ein österreichischer Medailleur des 20. Jahrhunderts (con H. Winter). En Numismatische Zeitschrift, 115. Páxinas 101-178. (2007). "Der Missong-Kreis im Wien des zu Ende gehenden 19. Jahrhunderts: sechs engagierte Sammler von römischen Kaisermünzen de 3. Jahrhunderts . En Compte rendu, 54. Numismatic International Council. Páxinas 38-41.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bruck, G. (1965). "Karl Pink (1884-1965)". En Numismatische Zeitschrift. 81. Páxinas 76-78. Dembski, G. (2003). "Karl Pink (1884-1965) ". Compte Rendu 50. International Numismatic Comission. Páxinas 13-14. Holzmair, E. (1965). "Karl Pink 1884-1965". En Compte rendu, 12. International Numismatic Commission. Páxina 26. Winkle, G. (1969). "Univ.-Prof. Dr. phil. Dr. theol. Karl Pink. In memoriam". En Jahresbericht Stiftsgymnasium Wilhering 59. Páxinas 43-44.

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados no estado da Baixa Austria Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Personalidades sen imaxes