Saúl Craviotto Rivero, nado en Lleida o 3 de novembro de 1984, é un piragüista e policía español, especialista na modalidade de caiac. É dobre campión olímpico, en Pequín 2008«Oro prodigioso de Saúl Craviotto y Pérez Rial». As, 24 de agosto de 2008. e Río de Xaneiro 2016,«Saúl Craviotto y Cristian Toro, oro en la final de K2 200». Marca, 18 de agosto de 2016. e tres veces campión do mundo, nos anos 2009, 2010 e 2011.
Participou en catro Xogos Olímpicos de Verán, obtendo en total cinco medallas, ouro en Pequín 2008, prata en Londres 2012, ouro e bronce en Río de Xaneiro 2016 e prata en Toquio 2020.
Gañou dez medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2007 e 2019, e seis medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2008 e 2018.Saúl Craviotto en CanoeResults.eu
Traxectoria Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, gañou a medalla de ouro na proba de K2 500 m, a carón de Carlos Pérez Rial, cun tempo de 1,28 minutos. En Londres 2012 gañou a medalla de prata na proba de K1 200 m.«Saúl Craviotto logra la plata en K-1 200 en un final muy ajustado». Páx. web de RTVE, 11 de agosto de 2012.
Nos Xogos de Río de Xaneiro 2016 logrou a medalla de ouro na proba de K2 200 m, a carón de Cristian Toro. Dous días despois, conseguiu a medalla de bronce na proba de K1 200 m.«Saúl Craviotto, broche de bronce». El Mundo, 20 de agosto de 2016. Na súa cuarta participación olímpica, en Toquio 2020, gañou a medalla de prata na proba de K4 500 m,«España acudirá finalmente con 11 embarcaciones a JJOO tras acabar el clasificatorio global, sin pase para Barreiro en C1 1.000» . Páx. da RFEP, 21 de maio de 2021. e foi, xunto coa nadadora Mireia Belmonte, o abandeirado español na cerimonia de apertura.«Saúl Craviotto y Mireia Belmonte, abanderados españoles en Tokio 2020». Páx. do COE, 12 de maio de 2021.
Polos seus éxitos deportivos foi galardoado en 2009 coa Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo«Orden ESD/951/2009, de 3 de abril». BOE, núm. 94, 17 de abril de 2009. e en 2016 co Premio Nacional do Deporte Don Filipe de Borbón.«Premios Nacionales del Deporte. Histórico de premiados – Premio Rey Felipe». CSD.
Craviotto traballa como axente da Policía Nacional na Comisaría de Xixón.«La Comisaría de Gijón homenajea a Craviotto y Hernanz por sus triunfos». La Nueva España, 25 de agosto de 2016. Ademais do seu traballo e do seu adestramento deportivo, apareceu nalgúns programas de televisión; en 2017 participou na segunda edición do concurso de cociña de Televisión Española MasterChef Celebrity España, no que resultou gañador.«Saúl Craviotto. Ganó 'MasterChef Celebrity' 2». Marca, 22 de novembro de 2017.
Notas
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Lleida Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos en piragüismo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Piragüistas olímpicos de España Categoría:Españois de ascendencia italiana Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Alumnos da Universidade Católica San Antonio de Murcia