miniatura|Na imaxe:a) vese un meteoro moi brillante (bólido)b) a súa posterior fragmentación En astronomía, un bólido é unha masa de material procedente do espazo que atravesa a atmosfera da Terra a gran velocidade, con gran brillo, e que pode estoupar e fragmentarse en pedazos.bólido no Dicionario da RAG.
Características É un meteoro moi brillante, caracterizado por parecer unha bóla de fogo e crear unha pegada luminosa, producida pola entrada na atmosfera terrestre dun meteoroide cunha masa da orde das toneladas, que xeralmente explota antes de chegar ao solo e que produce un estrondo apreciábel.
Un bólido presenta a aparencia dunha esfera de fogo, e non un aspecto puntual ou estelar. O suo luminoso que deixa ao seu paso pola atmosfera persiste un tempo superior ás decenas de segundos, e pode chegar a ser de varios minutos e incluso de media hora. Chega acompañado de fenómenos acústicos como unha explosión e ás veces pódense encontrar no solo algúns fragmentos do meteoro que resisten á completa volatilización no seu paso pola atmosfera.
Clasificación + Os fenómenos luminosos Nome Masa Altitude Duración Estrela fugaz orde do g 110-80 km 1-2 s Meteoro orde do kg 80-50 km 2-5 s Bólido de 0,5 a 10 T 50-13 km 5-40 s
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Meteoro Meteorito Meteoroide Ligazóns externas Mapyourinfo. Bolide Events 1994-2013
Categoría:Astroxeoloxía