Locarno é unha cidade e comuna (concello) suíza do cantón do Tesino, localizada no distrito de Locarno, círculo de Locarno.
Xeografía É a terceira cidade de maior importancia do cantón, e unha zona moi turística ás beiras do lago Maior, na Suíza italoparlante.
Situada a unha altitude de 200 msnm, o concello ocupa unha superficie de 19,4 km².
Segundo o censo do 31 de decembro de 2018 contaba cunha poboación de 15 824 habitantes,Oficina Federal de Estatística. 9 de abril de 2019. Consultada o 19 de novembro de 2021. polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 824 hab./km².
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial da Città di Locarno .
Categoría:Cidades de Suíza