Gustave-Léon Schlumberger, nado en Guebwiller, Alsacia, o 17 de outubro de 1844 e finado en París o 9 de maio de 1929, foi un médico, arqueólogo, historiador e numismático francés especializado na época das Cruzadas e do Imperio Bizantino."Schlumberger, Gustave". Deutsche Biographie.Turchi, N. (1936)."Schlumberger, Léon-Gustave". Enciclopedia Treccani."Schlumberger, Léon Gustave". Enciclopedia Sapere.it. De Agostini."Schlumberger Gustave Léon". Comité des travaux historiques et scientifiques .
A súa obra Numismatique de l’Orient latin (1878-1882) segue a ser considerada como o traballo de referencia acerca das moedas das Cruzadas.Zacour, N. P.; Hazard, H. W. (eds.) (1989). The impact of the Crusades on Europe (A History of the Crusades, vol. VI). University of Wisconsin Press, Madison. Páxina 354.
Traxectoria
Primeiros anos e formación médica Gustave Schlumberguer naceu o 17 de outubro de 1844 no castelo de Guebwiller, fillo dun industrial de éxito. Na súa infancia trasladouse coa súa familia a Pau, por mor dunha doenza do seu pai.Pastoureau, M. (2010).Cagnat, R. (1930). Páxina 342.
En Pau cursou o ensino secundario, xunto co seu irmán. Neses anos foi cando comezou a interesarse polas moedas antigas e iniciou unha incipiente colección, sendo aínda un neno.Cagnat, R. (1930). Páxina 343.
En 1863 trasladouse a París para comezar os seus estudos de Medicina, máis por satisfacer o seu pai que por interese propio. Dous anos máis tarde ingresou como residente no servizo do doutor Alfred Velpeau no Hospital da Caridade de París, mais as complicacións dunhas febres Tifoides en 1866 e unha posterior flebite motivaron unha longa baixa laboral, que Schlumberger aproveitou para viaxar a Italia e logo pasar unha tempada repóndose en Eaux-Bonnes.
Na guerra franco-prusiana declarada en 1870, serviu como sanitario e, cando esta acabou, regresou a París en 1871 para concluír a súa formación médica, e alí doutorouse cunha tese acerca da erisipela de farinxe e as vías respiratorias.Cagnat, R. (1930). Páxina 344.
Arqueólogo, historiador e numismático Mais a verdadeira paixón de Sclumberguer non era a medicina, senón a arqueoloxía. Concluído o seu doutoramento tomou contacto con arqueólogos como Félicien de Sauley e Anatole de Barthélemy e dedicouse a facer viaxes de estudo polo norte de África, Siria, Asia Menor, España, Portugal, Suíza, Italia e Alemaña. De camiño comezou a publicar as súas investigacións centradas na historia dos estados cruzados e do Imperio Bizantino, con particular interese nas súas emisións monetarias bizantinas.Cagnat, R. (1930). Páxina 345.
En 1873 publicou a súa primeira monografía, sobre as bracteatas de Alemaña.Véxase (1873) en "Publicacións". En 1878 viu a luz a súa obra cumio: Numismatique de L'Orient latin, completada cun volume de actualizaciónen 1882.Véxase (1878) e (1882) en "Publicacións".Cagnat, R. (1930). Páxina 346. miniatura|Retrato de Gustave Schlumberger, por Henri Gervex (ca. 1887). Paralelamente ao seu labor investigador, en cada unha das súas viaxes enriquecía as súas coleccións particulares de moedas, selos, camafeos e diversos obxectos característicos do Oriente latino e de Bizancio. A partir estudo deses obxectos e da documentación que os acompañaba, Schlumberger cumpuxo outra das súas obras maxistrais, Sigillographie de l'Empire byzantin (1884),Véxase (1884) en "Bibliografía". que lle abriu as portas para o seu ingreso na Académie des inscriptions et belles-lettres.Cagnat, R. (1930). Páxina 347.
Con esta obra, fundou a sixilografía bizantina, aínda que continuou publicando traballos sobre numismática e arqueoloxía. Como historiador das Cruzadas, estudou a relación entre este movemento e Bizancio e, máis alá, o século X, cos tres volumes de L'épopée byzantine (1896-1905),Véxasse (1896-1905) en "Publicacións". que describen a época de expansión do Imperio baixo Nicéforo Focas, Xoán I Tzimisces e Basilio II.Kaplan, M. (2016). Pourquoi Byzance? Un empire de onze siècles. Folio, París. Páxina 47. ISBN 978-2070341009Malamut, E.; Sidéris, G. (2006). Le monde byzantin: Economie et société (milieu VIIe siècle - 1204). Belin. Páxina 28. ISBN 978-2-7011-4406-1
Entre outras entidades asociativas e académicas, Schlumberger foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres e da Sociedade de Bibliófilos, presidiu a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e pertenceu á Sociedade Francesa de Numismática, de cuxa publicación Revue numismatique foi codirector a partir de 1883. Ademais, foi membro das academias de Romanía, Baviera e Rusia. Tamén foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Atenas. miniatura|Selo de Constantinopla, publicado por Gustave Schlumberger en Revue des Études Grecques (1891).Schlumberger, G. (1891). "Sceaux byzantins inédits (seconde série)". En Revue des Études Grecques. T. 4. Fasc. 14. Páxina 122. Cara ao final da súa vida, Schlumberguer cedeu ao Museo do Louvre e ao Gabinete de Medallas de París diferentes obxectos das súas coleccións, entre eles moedas, pedras gravadas, selos, camafeos e pezas de marfil.Morrisson, C. (2001). "La Donation Schlumberger (1929)". En Trois donations byzantines au Cabinet des Médailles. Bibliothèque nationale de France, París. Páxinas 21-50. ISBN 9782951715882Cagnat, R. (1930). Páxinas 341-342.Do mesmo xeito, logo da publicación do seu traballo Numismatique du Béarn (1893),Véxase (1893) en "Publicacións". legou no seu testamento ao pobo de Pau as moedas da súa colección relacionadas coa historia local.Cagnat, R. (1930). Páxina 353.
No terreo ideolóxico, Schlumberguer tiña unha ideoloxía profundamente conservadora, e apoiou activamente o movemento contrario a Dreyfus, xunto con Edgar Degas, Jean-Louis Forain e Jules Lemaître.Shari Benstock (1987). Women of the Left Bank. University of Texas Press. Páxina 42. ISBN 978-0292790407Carter, W. C. (2002). Marcel Proust: A Life. Yale University Press. Páxina 247. ISBN 978-0300094008
Schlumberguer faleceu en París o 9 de maio de 1929.Cagnat, R. (1930). Páxina 355. Foi soterrado no cemiterio de Passy."Passy (75): tombeaux remarquables de la 12ème division". Cimetières de France et d'ailleurs."Leon Gustave Schlumberger". BillionGraves.com
Premios Gustave Schlumberger No seu testamento, Schlumberger encomendoulle á Académie des Inscriptions et Belles Lettres a creación de tres premios, nos seguintes termos:Cagnat, R. (1930). Páxina 341.
Por outra parte, Schlumberguer doou fondos a outras institucións para a creación doutros premios e axudas económicas, entre eles ao Colexio de Francia, para a creación dunha cátedra de Arqueoloxía Bizantina e un curso de Numismática, e á Sociedade de Anticuarios de Francia, para financiar as súas publicacións e para cerar outro Premio Gustave Schlumberger.Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. 1936. Páxina 74.
Recoñecementos
(1903): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións miniatura|Moeda de Teófilo (S. IX), publicada por Gustave Schlumberger en Revue Numismatique (1892).Schlumberger, G. (1891). "Une monnaie d'or byzantine inédite". En Revue Numismatique. Serie 3ª. Tomo. 10. Páxina 1 (foto de portada). Ao longo da súa carreira, Schlumberguer publicou máis de 30 artigos en revistas do ámbito da arqueoloxía, a numismática e a sixilografía, e case outras tantas monografías. Esta é unha listaxe non exhaustiva dos seus traballos monográficos:"Schlumberger, Gustave Léon 1844-1929 ". Digital Library Numis."Schlumberger, Gustave Léon 1844-1929". WorldCat Identities."Schlumberger, Gustave (1844-1929)". Persee.frPastoureau, M. (2010). "Principales publications?".Mélanges offerts à M. Schlumberger à l'occasion du quatre-vingtième anniversaire de sa naissance. Paul Geuthner, París, 1924.
(1873). Des bractéates d'allemagne. A. Franck, París. (1877). Les Principautés Franques du Levant: les plus récents découvertes de la Numismatique. Leroux, París. (1878). Numismatique de L'Orient latin. Leorux, París. (1882). Numismatique de L'Orient latin. Supplément & index alphabetique. Leorux, París. (1884). Sigillographie de l'Empire byzantin. Leroux, París. (1884): Les îles des Princes. Le palais et l'Église des Blacherness. Lévy, París. (1890). Un empereur byzantin au dixième siècle, Nicéphore Phocas. Firmin-Didot, París. (1890). Sceaux et bulles des empereurs latins de Constantinople. H. Delesque, Caen. (1893). Numismatique du Béarn. II: Description des monnais, jetons &médailles du Béarn. Leroux, París. (1896-1905). L'épopée byzantine à la fin du dixième siècle. Hachette, París. (1896). I: Guerres contre les russes [...]. (1896). II: Basile II le tueur de bulgares.. (1905). III: Les Porphyrogénétes Zoe et Théodora.
(1898). Renaud de Chatillon, prince d'Antioche, seigneur de la terre d'Outre-Jourdain. Plon, París. (1902). Le tombeau d'une impiratrice byzantine à Valence: en Espagne. Plon, París. (1902). Expedition des "Almugavares": ou routiers catalans en Orient. Plon, París. (1906). Campagnes du roi Amaury 1er de Jerusalem, en Egypte, au XIIe siècle. Plon, París. (1908). Journal de route du Capitaine Robinaux, 1803-1832. Plon, París. (1910). Mémoires du commandant Persat, 1806 à 1844. Plon, París. (1913). Charlotte d'Albret, femme de César Borgia; et le château de la Motte-Feuilly. Plon, París. (1914). Collections sigillographiques (con A. Blanchet). Picard, París. (1914). Prise de Saint-Jean-d'Acre, en l'an 1291 par l'armée du Soudan d'Égpyte. Plon, París. (1914). Le siège, la prise et le sac de Constantinople par les Turcs en 1453. Plon, París. (1917). Récits de Byzance et des croisades. Plon, París. (1919). Jean de Chateaumorand. Société Litéraire de France, París. (1934). Mes Souvenirs 1844-1928. Plon, París (póstuma).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Blanchet, J-A. (1929). Obituario en Revue numismatique. Serie 4ª. Vol. 32. Páxina 1. Cagnat, R. (1930). "Notice sur la vie et les travaux de M. Gustave Schlumberger". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 74-4. Páxinas 340-356. Dussaud, R. (1929-a-). "Nouvelles archéologiques: Gustave Schlumberger". En Syria. Archéologie, Art et histoire. 10-3. Páxina 284. Dussaud, R. (1929-b-). Obituario de Gustave Schlumberger. En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 73-2. Páxinas 113-117. Engel, A. (1884-1890). "Gustave-Léon Schlumberger". En Biographies alsaciennes avec portraits en photographie. A. Meyer, Colmar. Páxinas 35-38. Henri, H. (1924). "Schlumberger". En Byzantion, revue internationale des études byzantines. Páxinas 783-787. Ostrogorsky, G. A. (1929). "Schlumberger". En Seminarium Kondakovianum 3. Praga. Páxinas 292-329. Pastoureau, M. (2010). "Schlumberger, Léon-Gustave". Dictionarie Critique des Historiens de l'art. Institut national d'historie de l'art. Todt, K-P. (1995). "Schlumberger, Gustave". En Biographisch-Bibliographisches Kirchenlexikon. IX. Páxinas 314-316. Turchi, N. (1936). "Schlumberger, Léon-Gustave". En Enciclopedia Italiana (1936).
Ligazóns externas
Manuscritos do Institut de France: Gustave Schlumberger
Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados no departamento do Alto Rin Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Médicos de Francia Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Medievalistas Categoría:Coleccionistas Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Atenas