O Partido Revolucionario Democrático (PRD) é un partido político de centro-esquerda de Panamá. É o partido con maior número de adherentes en Panamá, cun total de 656.392 (novembro de 2021).

O seu fundador foi Omar Torrijos Herrera, que foi xefe de goberno de Panamá desde 1968 até a súa morte en 1981.

Historia

Orixes O partido político foi legalizado pola resolución 590 do 3 de outubro de 1979 polo xeneral Omar Torrijos Herrera, quen era xefe de goberno de Panamá desde o golpe de estado de 1968. A base ideolóxica do partido era buscar a igualdade para as persoas de todas as clases sociais, que eran vítimas da pobreza multidimensional e da falta de oportunidades.

Primeiros anos O partido adquiriu liderado no sistema político de Panamá na década de 1980, ao ter inclinación positiva cara aos ideais do goberno militar de Panamá, dirixido por Omar Torrijos Herrera; sen mencionar que adquiriu popularidade na sociedade panameña. Logo do repentino falecemento de Torrijos, o xeneral Manuel Antonio Noriega converteu o partido nun aliado eficaz para vencer a oposición panameña nas eleccións de 1984.

Nas eleccións, o candidato perredista Nicolás Ardito Barletta foi elixido presidente de Panamá gañando as eleccións cunha estreita diferenza fronte ao seu rival, o expresidente Arnulfo Arias Madrid. A oposición panameña denunciou que os resultados foran fraudulentos, pero o sistema electoral panameño (manipulado polo xeneral Noriega) non tomou en conta as súas acusacións.

Década de 1980 Durante a época de 1980, o goberno militar apoiado polo PRD foi acusado de ser o responsable das violacións dos dereitos humanos, desaparicións e mortes de centos de persoas en contra dos seus ideais, como Hugo Spadafora e Héctor Gallego; ademais de ameazas de morte que obrigaron a moitos opositores a fuxir do país. Con todo, o partido postulouse ás eleccións de 1989 nunha época onde o pobo panameño estaba en constante loita contra a ditadura do xeneral Manuel Antonio Noriega.

Nas eleccións, o candidato da alianza opositora Guillermo Endara gañou as eleccións por unha ampla diferenza; pero o xeneral Noriega optou por anular as eleccións. Esta decisión foi altamente criticada entre a poboación panameña e os gobernos doutros países, como Estados Unidos que tomou a decisión de deter o xeneral Noriega polos seus vínculos co narcotráfico e tamén restaurar a democracia en Panamá logo de presentárense certos conflitos cos cidadáns estadounidenses en Panamá. O 20 de decembro de 1989, Estados Unidos invadiu Panamá e derrocou do cargo o presidente provisional Francisco A. Rodríguez (do PRD), declarando como presidente do país a Guillermo Endara, gañador das eleccións.

Década de 1990 Logo da invasión estadounidense, o partido converteuse por primeira vez desde a súa fundación en oposición. Os membros do partido tomaron a decisión de reestruturar as súas bases para converterse nun partido libre de influencia militar en preparación para as eleccións de 1994. O partido elixiu o dirixente do partido Ernesto Pérez Balladares como o seu candidato ás eleccións de 1994. Tras celebrarse as primeiras eleccións democráticas desde 1968, Ernesto Pérez Balladares converteuse en presidente de Panamá para o período 1994-1999. O presidente Balladares presentou un referendo para reformar a constitución, cuxo resultado foi negativo.

Nas eleccións de 1999, o partido elixiu a Martín Torrijos Espino (fillo do xeneral Torrijos) como o seu candidato ás eleccións; mais este perdeu ante a candidata panameñista Mireya Moscoso (esposa do expresidente Arias Madrid).

Século XXI Nas eleccións de 2004, postularon novamente a Martín Torrijos Espino quen resultou elixido nesa ocasión como presidente de Panamá. O presidente Torrijos presentou un referendo para a ampliación da Canle de Panamá (devolto a Panamá en 1999), cuxo resultado foi efectivo. Nas seguintes eleccións de 2009, o partido perdeu ante o candidato Ricardo Martinelli (coa candidata Balbina Herrera) e novamente nas eleccións de 2014, perderon ante o candidato Juan Carlos Varela (co candidato Juan Carlos Navarro). Logo de diversas reestruturacións do partido, tras as derrotas de 2009 e 2014, o partido escolleu o ex-lexislador Laurentino Cortizo para as eleccións xerais de 2019; nas cales saíu vitorioso por unha estreita marxe sobre o seu rival Rómulo Roux.

Resultados das eleccións

Eleccións presidenciais AnoCandidatoVotos%Resultado1984Nicolás Ardito Barletta300 748 electo1989Carlos Duque Jaén184 900senmarco|20x20px Non electo1994Ernesto Pérez Balladares355 307 electo1999Martín Torrijos Espino481 988senmarco|20x20px Non electo2004Martín Torrijos Espino711 164 electo2009Balbina Herrera584 931 senmarco|20x20px Non electa2014Juan Carlos Navarro521 842senmarco|20x20px Non electo2019Laurentino Cortizo633 143 electo

Eleccións lexislativas ComiciosVotos %DeputadosResultadoNotas1984153,182Goberno Dentro da Unión Democrática Nacional 1989114,741OposiciónDentro da Coalición de Liberación Nacional 1994355.307GobernoDentro da Alianza Pueblo Unido 1999393,356OposiciónDentro da Alianza una Nueva Nación 2004649,157GobernoDentro de Patria Nueva 20091,110,354OposiciónDentro de Un País para Todos 2014521,842Oposición2019655,302GobernoDentro de Uniendo Fuerzas (con MOLIRENA)

Notas

Categoría:Membros da Internacional Socialista Categoría:Partidos políticos de Panamá