miniatura|A bandeira de Rusia.
O nacionalismo ruso (en ) é unha forma de nacionalismo que promove a identidade cultural rusa e a súa unidade. O nacionalismo ruso adquiriu prominencia nos primeiros anos do século XIX e despois relacionouse estreitamente co paneslavismo, xa dende a súa orixe no Imperio Ruso e nun breve rexurdimento durante a época da Unión Soviética no contexto da segunda guerra mundial.
Historia
Nacionalismo imperial ruso miniatura|dereita|O Milenario de Rusia, monumento construído en 1862 que celebra os mil anos da historia de Rusia. O lema ruso "Ortodoxia, Autocracia e Nacionalidade" foi cuñado polo conde Sergey Uvarov e adoptado polo Emperador Nicolao I como ideoloxía oficial.Nicholas V. Riasanovsky, Nicholas I and Official Nationality in Russia 1825 - 1855 (1969) Os tres compoñentes da tríade de Uvarov eran: Ortodoxia: Cristianismo ortodoxo e protección da Igrexa ortodoxa rusa. Autocracia: lealdade incondicional á Dinastía Romanov en troques de protección paternalista de todos os estamentos sociais. Nacionalidade (Narodnost, que tamén foi traducido como espírito nacional) recoñecemento do papel de fundación do Estado na nacionalidade rusa.
O movemento eslavófilo fíxose popular na Rusia do século XIX. Os eslavófilos opoñíanse ás influencias do oeste de Europa en Rusia e estaban determinados a protexer a cultura e as tradicións de Rusia. Aleksey Khomyakov, Ivan Kireyevsky e Konstantin Aksakov son considerados como cofundadores deste movemento.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Barghoorn, Frederick C, Soviet Russian nationalism (1956) Brudny, Yitzhak M. Reinventing Russia: Russian Nationalism and the Soviet State, 1953-1991 (2000) Cosgrove, Simon. Russian Nationalism and the Politics of Soviet Literature: The Case of Nash Souremennik, 1981-1991 (2004) excerpt Duncan, Peter JS. "Contemporary Russian identity between east and west." Historical Journal 48.1 (2005): 277-294. online Dunlop, John B. The Faces of Contemporary Russian Nationalism (1983) Frolova-Walker, Marina. Russian Music and Nationalism: from Glinka to Stalin (Yale UP, 2019) Laruelle, Marlene. Russian Nationalism: Imaginaries, Doctrines, and Political Battlefields (2018) on recent history excerpt Riasanovsky, Nicholas V. Nicholas I and Official Nationality in Russia 1825 - 1855 (1969) Shenfield, Stephen D. Russian Fascism: Traditions, Tendencies, Movements, 2001 or Tuminez, Astrid S. Russian Nationalism since 1856: Ideology and the Making of Foreign Policy (2000)
Categoría:Nacionalismo ruso Categoría:Política de Rusia