Diomedes Dionisio Díaz Maestre, nado en San Juan del Cesar o 26 de maio de 1957 e finado en Barranquilla o 22 de decembro de 2013, foi un cantautor colombiano de música vallenato. É o maior vendedor de discos da historia de Vallenato. Vendeu ao redor de 20 millóns de copias.
Traxectoria
Desde pequeno interesouse pola música, inspirado na nai e no tío. Recibiu a súa educación primaria no Liceo Colombia de Villanueva. Trasladouse a Valledupar onde se formou no Instituto de Industria e Tecnoloxía Pedro Castro Monsalvo. Foi durante este tempo cando coñeceu a Rafael Orozco Maestre, que o alcumou "El Cacique de la Junta".
En 2010, recibiu un Grammy Latino na categoría cumbia/vallenato.
Categoría:Músicos de Colombia Categoría:Cantantes de Colombia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2013