Isaiah Hartenstein, nado o 5 de maio de 1998 en Eugene, Oregón, é un xogador xermano-estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Hartenstein foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Houston Rockets. Tras un ano xogando nos Rio Grande Valley Vipers da NBA G League, o 25 de xullo de 2018, Hartenstein asinou cos Rockets. O 23 de xuño de 2020, Hartenstein foi cortado polos Rockets.

O 30 de novembro de 2020, Hartenstein asinou un contrato de varios anos cos Denver Nuggets.

O 25 de marzo de 2021, Hartenstein foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de JaVale McGee.

O 27 de setembro de 2021, Hartenstein asinou cos Los Angeles Clippers.

O 12 de xullo de 2022, Hartenstein asinou un contrato de dous anos cos New York Knicks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no condado de Lane, Oregón Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Artland Dragons Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers