The History of The Hobbit é un estudo de dous volumes de J. R. R. Tolkien sobre a novela de 1937 O hobbit. Foi publicado por HarperCollins en maio e xuño de 2007 no Reino Unido, e por Houghton Mifflin o 21 de setembro de 2007 nos Estados Unidos. O 26 de outubro de 2007 lanzouse unha caixa que combina O hobbit con The History of The Hobbit. Unha edición nun único volume foi publicada o 27 de outubro de 2011.
O obra, composta de dous volumes, contén os borradores inéditos de Tolkien sobre a novela, con comentarios de John D. Rateliff. Tamén detalla as distintas revisións de Tolkien ao Hobbit, incluídas as revisións abandonadas para a terceira edición inédita da obra, prevista para 1960, así como mapas orixinais e ilustracións inéditas deseñadas polo propio Tolkien.
Notas
Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras de J. R. R. Tolkien Categoría:Libros sobre a Terra Media