O Club Sal Lence de La Coruña de Fútbol Sala foi un club de futsal feminino da cidade da Coruña, campión da Primeira División de Mulleres de fútbol sala e Copa da Raíña nos anos 90.
Historia Foi fundado en 1984 por Víctor Siero no colexio Sal Lence do barrio coruñés dos Castros. Formado por xogadoras coruñesas e dirixido por Manuel del Castillo, foi o primeiro club feminino que rexistrou o seu nome na lista da Real Federación Española de Fútbol. Nos seus primeiros anos comezou a gañar competicións locais e rexionais e a partir de 1987 comezou a participar en torneos nacionais como a liga nacional e a copa antes de que estas fosen organizadas pola RFEF. Logrou os seus maiores éxitos entre 1994 e 1997, cando conquistou as dúas primeiras edicións da Primeira División, así como dúas das tres primeiras Copas da Raíña.
A partir de 1999 comezou o seu declive, con senllos descensos á liga rexional e logo á provincial, o que provocou en 2005 a fusión do club co Viaxes Amarelle FSF, un equipo da localidade de Santa Comba. Trala fusión, o club perdeu o seu nome e o Viajes Amarelle FSF cambiou a súa sede á Coruña, xogando os seus partidos na cidade.
Palmarés
Subcampión da Copa de España das tempadas 1989-1990 e 1990-1991. Campión da Copa de España da tempada 1991-1992. Subcampión da liga Nacional División de honra das tempadas 1990-1991 e 1991-1992. Campión da liga Nacional División de honra da tempada 1992-1993. Campión da Copa Ibérica das tempadas 1993-1994 e 1995-1996. Campión da Primeira División feminina de fútbol sala das tempadas 1994-1995 e 1995-1996. Campión de Copa da Raíña de fútbol sala feminino da tempada 1995-1996. Campión do trofeo internacional SuperBowl das tempadas 1996-1997 e 1997-1998.
Selección española Tres xogadoras do club -Ana Silva, Beatriz Seijas e María Varela- formaron parte da primeira selección española feminina de fútbol sala, selección que xogou o seu primeiro partido o 29 de decembro de 1990 en Narón, cunha vitoria por 4-1 contra Portugal. Nuria e Celia Iglesias tamén foron internacionais.
Notas
Categoría:Deporte na Coruña Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia