Guerech da Bretaña (en ), finado en 988, foi un nobre bretón que foi conde e Nantes e duque da Bretaña desde 981 a 988.
Traxectoria Guerech era o fillo ilexítimo menor de Alan Barbetorte (Barbatorta) e da nobre Xudite, e sucedeu ao seu irmán Hoël á súa morte.
Foi educado na abadía de Saint-Benoît-sur-Loire, preto de Orleáns. Guerech foi elixido bispo de Nantes en 981, pero probabelmente non foi consagrado, e non exerceu o sacerdocio. Trátase do Hugues ou Hugo, «personaxe dunha vida sabia e austera» segundo Alberte o Magno, que administrou de facto a nivel espiritual a Igrexa de Nantes. Porén, Guerech mantivo durante os sete anos do seu reinado o regaire, é dicir, a parte temporal do bispado que administrou, xunto co condado de Nantes.
Guerech continou a loita iniciada polo seu irmán contra o conde de Rennes Conan I da Bretaña o Torto. En 982, asinou un tratado co conde Guillerme de Poitiers, que confirmou as posesións de Nantes ao sur do río Loira, os pagi de Herbauges, Tiffauges e Mauges, obtidos polo seu pai en 942. Ao ano seguinte acudiu á corte do rei da Francia Occidental Lotario I para renderlle homenaxe.Paul Jeulin (1934): "L'hommage de la Bretagne en droit et dans les faits". En: Annales de Bretagne. Tome 41, nº 3-4, p. 410. No camiño de volta detívose na corte do conde Godofredo II de Anjou, que exixe liberalo para converterse no seu vasalo ao recoñecer que recibiu a cidade de Nantes do conde de Anjou.
Ese mesmo ano, a esposa de Guerech, Aremburga, tiña unha fortaleza estratéxica establecida en Ancenis. Insigador, segundo a Chronique de Nantes, do asasinato de Hoël I, Conan o Torto, temendo, con razón, unha alianza entre os condes de Nantes e de Anjou contra el, convencería ao médico de Guerech, un tal Heroicus, tamén abade da abadía do Saint-Sauveur de Redon, para que envelenara ao duque.
Guerech morreu, como o seu irmán, prematuramente, en 988, e foi enterrado na abadía do Saint-Sauveur en Redon. A súa muller deulle un único fillo, Alan, que o sobreviviu só dous anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XI<small>e</small>-XIII<small>e</small> siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2. Quaghebeur, Joëlle (2002): La Cornouaille du IX<small>e</small> au XII<small>e</small> siècle. Mémoire , pouvoirs, noblesse. Rennes: Presses Universitaires de Rennes. ISBN 2-8684-7743-7. Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIII<small>e</small> à la fin du XII<small>e</small> siècle Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.
Ligazóns externas La chronique de Nantes (570 environ-1049) .
Categoría:Nobres de Francia Categoría:Historia da Bretaña Categoría:Finados en 988 Categoría:Duques da Bretaña