María Docampo Ramos, nada en Nova York cara a 1918 e finada en Arillo (Oleiros) o 23 de setembro de 1948, foi unha intérprete galega.
Traxectoria Filla de pais emigrados nos Estados Unidos de América: o mariñeiro Francisco Docampo Pérez, de Bergondo, maquinista e fogueiro en Nova York, nacionalizado estadounidense en 1935, e María Ramos Díaz, de Cabreira (Oleiros). Acompañou a Castelao como secretaria e intérprete durante a súa estadía nos Estados Unidos de América en 1938. Traballou como intérprete de español e portugués no Banco de Londres en Wall Street.
En maio de 1947 casou en México co mexicano José García Nieto, alcumado en Galicia Jalisco. En abril de 1948 os pais de María trasladáronse a La Brava, unha casa que mercaran en Arillo (Oleiros), coa súa irmá Encarnación. O 25 de xullo dese ano chegou a Arillo María Docampo, e despois apareceu o seu home. Días despois da súa chegada asasinou a María de 17 coiteladas, de 15 a súa sogra e de dúas a súa cuñada; despois de queimar documentos intentou queimar a casa sen éxito."Un súbdito mejicano mató a puñaladas a su esposa, a la madre y a su hermana política, La Voz de Galicia, 24-9-1948, p. 2. Detido, intentou suicidarse. Foi xulgado na Coruña en maio de 1950"La causa contra el subdito mejicano José García Pena dio comienzo en La Coruña", El Progreso, 24-5-1950, p. 2.La Voz de Galicia, 24-5-1950, p. 6. e trasladárono á prisión de Maspalomas nas Canarias, onde a CIA tiña un campo de adestramento militar. Logo duns anos de cárcere quedou libre e volveu casar. En 1976 asasinou a súa segunda muller e a súa filla. No avión no que fuxía das Canarias a Madrid queimou papeis no baño e foi detido e internado nun psiquiátrico no que se suicidou en 1979.La Voz de Galicia, 16-2-1979, p. 10.
Emilio González López sostén que un colega seu estadounidense lle dixera en 1941 que María Docampo fora a súa secretaria nos Servizos especiais de información militar (a actual CIA). Outras fontes viron no asasinato de María Docampo un xeito de calala e a man da CIA. A queima compulsiva de documentos despois dos asasinatos fixeron sospeitar da información que María e Jalisco tiñan no seu poder.
Manuel Guede recreou a súa historia na obra A función do tequila (2011).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Los crímenes de “El Jalisco” cronicanegrahome.wordpress.com
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Nova York Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Asasinatos en Galicia Categoría:Vítimas de violencia de xénero Categoría:Nados na diáspora galega