Samiguel del Río é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Esténdese por 1,93 km² da cunca superior do río Valgrande, que nace no seu territorio, na parte máis meridional do concello. Linda ao leste e ao sur coa parroquia de Payares, coa de Teyeo ao oeste e coa de Chanos de Somerón ao norte. Só conta cun lugar habitado, o de Samiguel, no que viven os seus 26 habitantes (INE, 2010).
Demografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena