A Pirámide do Sol é o maior edificio de Teotihuacán, e un dos maiores de Mesoamérica. Crese que foi construído arredor do ano 200.Teotihuacan: Pyramids of the Sun and the Moon, Heilbrunn Timeline of Art History, The Metropolitan Museum of Art, consultado o 29 de outubro de 2016"Teotihuacán." Early Civilizations in the Americas Reference Library. Ed. Sonia G. Benson, Sarah Hermsen, and Deborah J. Baker. Vol. 2: Almanac, Vol. 2. Detroit: UXL, 2005. 315–332. Student Resources in Context. Web. 14 Dec. 2014. Situado na avenida dos Mortos, entre a Pirámide da Lúa e a Cidadela, á sombra da montaña Cerro Gordo, a pirámide fai parte dun gran complexo no centro da cidade.

Historia miniatura|Vista aérea da Pirámide do Sol O nome de Pirámide do Sol vén dos aztecas, que visitaron a cidade de Teotihuacán séculos despois de ser abandonada; descoñécese o nome que deron á pirámide os teotihuacanos. Foi construída en dúas fases. A primeira etapa de construción, arredor do ano 200, levou a pirámide case ao tamaño actual. A segunda etapa deu como resultado o seu tamaño completo de 225 metros de largura"Teotihuacán." Britannica School. Encyclopædia Britannica, Inc., 2014. Web. 9 Dec. 2014. e 75 metros de altura, o que a converte na terceira pirámide máis grande do mundo, aínda que só con algo máis da metade da altura da Gran Pirámide de Gizeh (146 metros). A segunda fase tamén viu a construción dun altar no alto da pirámide que non sobreviviu aos tempos modernos.

Sobre a estrutura, os antigos teotihuacanos remataron a súa pirámide con xeso de cal importado das zonas circundantes, sobre o que pintaron murais de cores brillantes. Aínda que a pirámide perdurou durante séculos, a pintura e o xeso que xa non son visibles.

Pensouse que na pirámide se veneraba unha deidade dentro da sociedade teotihuacana. Non obstante, hai poucas evidencias que avale esta hipótese.

Dimensión, localización e orientación miniatura|Modelo da pirámide Magnitude Valor Altura71.17 mPerímetro da base794.79 mLado223.48 mÁngulo de inclinación 32.494 graosSuperficie lateral59213.68 m2 (asumindo unha base cadrada e caras suaves) Volume1 184 828.31 m3 (asumindo unha base cadrada e caras suaves)

A pirámide construíuse nun lugar coidadosamente seleccionado, desde onde era posible aliñala tanto co destacado Cerro Gordo ao norte como, en direccións perpendiculares, ao amencer e á posta do sol en datas determinadas, rexistradas por varias orientacións arquitectónicas en Mesoamérica. Toda a parte central da rede urbana de Teotihuacán, incluída a Avenida dos Mortos, reproduce a orientación da pirámide do Sol, mentres que a parte sur presenta unha orientación lixeiramente diferente, ditada pola Cidadela.

A pirámide construíuse sobre un túnel artificial que conducía a unha "cova" situada seis metros baixo o centro da estrutura. Orixinalmente críase que era un tubo de lava formado naturalmente e interpretábase como posiblemente o lugar de Chicomoztoc, o lugar de orixe humana segundo as lendas de Nahua. Escavacións máis recentes suxeriron que o espazo era artificial e puido servir de tumba real. Recentemente os científicos empregaron detectores de muóns para tratar de atopar outras cámaras no interior da pirámide.

Obxectos recuperados Só se atoparon algúns restos de artefactos na pirámide e arredor dela. Descubríronse puntas de frecha de obsidiana e figuriñas humanas dentro da pirámide e atopáronse obxectos similares nas próximas Pirámide da Lúa e Pirámide da Serpe Emplumada na Cidadela. Estes obxectos poden representar vítimas de sacrificio. Un artefacto histórico único descuberto preto do pé da pirámide a finais do século XIX foi o Ocelote de Teotihuacán, que está na colección do Museo Británico. Ademais, atopáronse lugares de enterramento de nenos en escavacións nas esquinas da pirámide. Crese que estes enterramentos formaban parte dun ritual de sacrificio dedicado á construción da pirámide.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Leibsohn, Dana, e Barbara E. Mundy, “Making Sense of the Pre-Columbian,” Vistas: Visual Culture in Spanish America, 1520–1820 (2015). http://www.fordham.edu/vistas

Categoría:Pirámides Categoría:Arquitectura de México