O torneo de fútbol feminino dos Xogos Olímpicos de 2020 en Tokyo, Xapón, terá lugar do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021. É un torneo internacional completo sen restricións de idade. Segundo a normativa orixinal, as doce seleccións participantes tiñan que inscribir a 18 xogadoras, incluídas dúas gardametas. Ademais, os equipos podían nomear a un máximo de catro xogadoras reservas, numeradas do 19 ao 22, das que polo menos unha tiña que ser porteira. En caso de mancadura grave durante o torneo, o xogador podía ser substituído por un dos reservas. Só un dos catro seleccionados eran elixibles para formar parte do campionato. O 2 de xullo, a FIFA actualizou o seu regulamento e permitiu que as 22 xogadoras convocadas estivesen dispoñibles nas súas respectivas seleccións, pero estas debían escoller unicamente 18 xogadoras antes de cada partido. Esta modificación foi debida aos obstáculos e desafíos da pandemia de COVID-19. A FIFA publicou as listas oficiais o 7 de xullo de 2021 e ás xogadoras nomeadas inicialmente como reservas fóronlles asignados os números do 19 ao 22. O 20 de xullo de 2021, a FIFA confirmou que as catro xogadoras nomeadas inicialmente como reservas, no caso de gañar, só recibirían medallas se tivesen aparecido polo menos nunha lista de 18 xogadoras durante o torneo.
A posición indicada para cada xogador segue as listas oficiais publicadas pola FIFA. A idade indicada de cada xogador é a que teña o 21 de xullo de 2021, o primeiro día do torneo. A cantidade de aparicións internacionais e goles enumerados para cada xogador non inclúe ningún partido xogado despois do comezo do torneo. O club indicado é o club polo que o futbolista xogou por última vez un partido competitivo antes do torneo. A nacionalidade de cada club reflicte a asociación nacional (non a liga) á que está afiliado o club. Inclúese unha bandeira para adestradores de diferente nacionalidade que a propia selección que adestran.
Grupo E Canadá O cadro de xogadoras final anunciouse o 23 de xuño de 2021.
Adestradora: Bev Priestman
Chile O cadro de xogadoras final foi anunciado o 2 de xullo de 2021.
Adestradora: José Letelier
Xapón O cadro de xogadoras final foi anunciado o 18 de xuño de 2021.
Adestradora: Asako Takakura
Reino Unido O cadro de xogadoras final foi anunciado o 27 de maio de 2021. A gardameta Karen Bardsley retirouse por mor dunha mancadura e foi substituída por Carly Telford.
Adestradora: Hege Riise
Grupo F Brasil O cadro de xogadoras final foi anunciado o 18 de xuño de 2021. O 2 de xullo de 2021, Adriana retirouse da convocatoria debido a unha mancadura, sendo substituída por Angelina.
Adestradora: Pia Sundhage
China O cadro de xogadoras final foi anunciado o 7 de xullo de 2021.
Adestraodr: Jia Xiuquan
Países Baixos O cadro de xogadoras final foi anunciado o 16 de xuño de 2021. O 20 de xullo, Sherida Spitse foi substituída por Joëlle Smits debido a unha mancadura.
Adestradora: Sarina Wiegman
Zambia O cadro de xogadoras final foi anunciado o 2 de xullo de 2021.
Adestrador: Bruce Mwape
Grupo G Australia O cadro de xogadoras final foi anunciado o 30 de xuño de 2021.
Adestrador: Tony Gustavsson
Estados Unidos O cadro de xogadoras final foi anunciado o 23 de xuño de 2021.
Adestrador: Vlatko Andonovski
Nova Zelandia O cadro de xogadoras final foi anunciado o 25 de xuño de 2021.
Adestrador: Tom Sermanni
Suecia O cadro de xogadoras final foi anunciado o 29 de xuño de 2021.
Adestrador: Peter Gerhardsson
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cadros de xogadoras oficiais en FIFA.org
Categoría:Fútbol nos Xogos Olímpicos de 2020