O Richmond Football Club, alcumados os Tigers (do inglés: Tigres), é un club de fútbol australiano con sede en Richmond, Melbourne, Victoria. O club foi fundado en 1885, contanto cun equipo masculino na Australian Football League (AFL) e feminino na AFL Women's (AFLW). Antes de unirse á Victorian Football League (actual AFL) en 1908, o equipo competía na Victorian Football Association (VFA), onde gañou dous premierships. Desde aquela, o equipo conseguiu trece títulos da AFL, sendo o último en 2020. O equipo ten a súa sede e campos de adestramento no primeiro estadio no que xogou, o Punt Road Oval. Este estadio, con capacidade para 6 000 espectadores, é actualmente utilizado tanto polo equipo feminino como polo equipo reserva da Victorian Football League (VFL). Este estadio é adxacente ao actual recinto de xogo dos Tigers, o Melbourne Cricket Ground, estadio con capacidade para 100 024 espectadores. O equipo viste tradicionalmente un guernsey (uniforme) negro cunha faixa amarela. A canción do equipo é We're From Tigerland.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Melbourne Cricket Ground
Ligazóns externas Páxina oficial do club
Categoría:Equipos de fútbol australiano Categoría:Australian Football League