Polistes gallicus é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos e tribo dos Polistini, unha das numerosas comprendidas no xénero Polistes.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1761 por Linneo, baixo o nome de Vespa gallica.Polistes gallicus (Linnaeus, 1767) en BioLib. Consultado o 24 de xullo de 2021.Polistes gallicus (Linnaeus, 1767) no GBIF. Consultado o 24 de xullo de 2021.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Polistes.
O epíteto específico, gallica, alude a que esta especie é frecuente en Francia.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Polistes albellus Giordani Soika, 1976 Polistes foederatus Kohl, 1898 Polistes foederatus subsp. albellus Giordani Soika, 1976 Polistes helveticus Neumeyer, 2014 Polistes kaszabi Giordani Soika, 1970 Polistes mongolicus Buysson, 1911 Polistes obscuricornis Mader, 1936 Polistes omissa Weyrauch, 1939 Polistes omissus Weyrauch, 1939 Polistes ordubadensis Zirngiebl, 1955 Polistes pictior Rad., 1872 Polistula omissa Weyrauch, 1938 Vespa gallica Linnaeus, 1767 (protónimo)
Subespecies Recoñécense as seguints subespecies: Polistes gallicus subsp. bucharensis (Erichs.) Polistes gallicus subsp. gallicus (Linnaeus, 1767)
Notas taxonómicas Polistes gallicus parécese un pouco a Polistes dominula, coa que adoita confundirse, e moitas referencias anteriores a 1985 de Polistes gallicus refírense en realidade a esta especie.O'Donnell, S. (1998): "Reproductive caste determination in eusocial wasps (Hymenoptera: Vespidae)". Annual Review of Entomology 43: 323-346.
Un antigo sinónimo, Polistes foederatus Kohl, 1898, foi removido da sinonimia con P. gallicus en 2017 e considérase outra especie válida.Schmid-Egger, Christian; Kees van Achterberg; Rainer Neumeyer; Jérôme Morinière; Stefan Schmidt (2017): "Revision of the West Palaearctic Polistes Latreille, with the descriptions of two species – an integrative approach using morphology and DNA barcodes (Hymenoptera, Vespidae)". ZooKeys 713: 53-112.
Distribución Polistes gallicus é unha especie moi común en Europa e o norte de África. Encóntrase en case toda Europa, excluíndo Inglaterra, Dinamarca e Escandinavia, sendo común en Francia, España, Italia, o sur de Suíza, Croacia e Corfú e no noroeste de África.
Bioloxía Esta avespa e omnívora e aliméntase de néctar e froitos maduros, de insectos, caracois e cadáveres de animais máis grandes. Alimenta a súa cría despois de visitar numerosas flores, recolectando néctar ademais de alimentalas. Debido ás súas dimensións, sospéitase que esta especie transfire o pole aos estigmas do seu corpo, principalmente os sen pelo, do que resulta que poucos ou ningún gran de pole quedan no corpo despois de alimentarse.Dafni, A. & R. Dukas (1986): "Insect and wind pollination in Urginea maritima (Liliaceae)". Plant Systematics and Evolution 154 (1–2): 1–10.
Vive en pequenas colonias construíndo niños en edificios cun material similar ao papel feito de fibras vexetais mastigadas e mesturadas con saliva. Esta mestura estrutural protexe fisicamente o niño dos elementos duros e da intemperie.David & Zoë Bramwell (1987): Historia Natural de las Islas Canarias. Guía Básica. Madrid: Editorial Rueda. ISBN 84-7207-048-4.Bagriacik, Nil (2012): "Comparison of the nest materials of Polistes gallicus (L.), Polistes dominulus (Christ) and Polistes nimpha (Christ) (Hymenoptera: Vespidae)" . Arch. Biol. Sci. 64 (3): 1079–1084.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos Vespinos Polistes
Ligazóns externas Polistes gallicus (Linnaeus 1767) na EOL. Polistes gallicus (Linnaeus, 1767) en Fauna Europaea.
Categoría:Vespidae Categoría:Polinizadores Categoría:Insectos de Europa Categoría:Insectos de África Categoría:Taxons descritos por Linné