Francisco Maseda García, coñecido como Pancho Maseda, nado na Habana o 1 de setembro de 1914 e finado en Ribadeo o 5 de novembro de 2007,"Falleció Pancho Maseda, alcalde de Ribadeo durante treinta años" (6/11/2007). La Voz de Galicia . foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo dos indianos Francisco Maseda e Carmen García Rodríguez,"15. O indiano Francisco Maseda coa súa familia pouco antes do seu retorno á Devesa, 1919" Consello da Cultura Galega. cursou Bacharelato e Peritaxe Mercantil na Coruña. Desenvolveu a súa vida profesional nos negocios familiares de Casa Maseda, Carpintería Maseda e Hotel Ribanova. No franquismo foi nomeado alcalde de Ribadeo en 1943, tomando posesión o 15 de outubro.El Progreso, 14-10-1943, p. 3. Cesou no cargo o 4 de marzo de 1964.El Progreso, 28-2-1964, p. 7. Despois impulsou a construción de vivendas da Cooperativa Santa Cruz, foi presidente do Ribadeo F.C. e da Asociación Amigos da Gaita Galega.

Recoñecementos

O Concello de Ribadeo deulle o seu nome a unha praza da vila, veciña á casa do concello, en 1998.

Vida persoal

Casou con Felisa García Bolaño e foi pai de Francisco e Mª Carme Maseda García. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Xira de Santa Cruz, Pregón de 1992 - Francisco Maseda Garcia

Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes