Soiuz TMA-18 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 2 de abril de 2010 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-18 foi lanzada cos cosmonautas Tracy Caldwell Dyson, Mikhail Kornienko e Aleksandr Skvortsov a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-131 e STS-132 e dos cargueiros Progress M-05M, Progress M-06M e Progress M-07M. A nave regresou o 20 de abril de 2010 ás 5:23 GMT, un día máis tarde do previsto ao xurdir problemas co peche estanco entra a Soiuz e a ISS.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Scott Kelly, Aleksandr Samokutiaiev e Andrei Borisenko.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz