miniatura|Vista de Mijas dende Benalmádena. Rocío Wanninkhof Hornos, nada o 9 de novembro de 1979 e finada o 9 de outubro de 1999, foi unha moza adolescente española que foi asasinada na súa vila natal, en Mijas, Málaga, localizada no Costa do Sol. En 2001, en medio da presión popular e o circo dos medios de comunicación (definido en ocasións como un "linchamento público" do acusado), un xuízo con xurado condenou a María Dolores "Loli" Vázquez, de 52 anos, polo asasinato, aínda que non existían probas que a relacionasen co crime. Vázquez era a amante separada da nai de Wanninkhof, Alicia Hornos. Este erro xudicial foi atribuído aos prexuízos sobre a homosexualidade de Vázquez e a fabricación dunha narrativa sen fundamento sobre a súa condición de lesbiana "dominante" e "depredadora".Gimeno Reinoso, B. (2008) La construcción de la lesbiana perversa: Visibilidad y representación de las lesbianas. GEDISA, 256 pages. Tamén se citaron falsas interpretacións do comportamento de Vázquez debido á súa orixe galega e a educación tradicional británica en disonancia coas normas, actitudes e expectativas sociais locais.

Tres meses despois da condena de Vázquez, o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía anulou a sentenza e ordenou un novo xuízo. Porén, tódolos cargos contra Vázquez foron retirados cando o ADN atopado preto do corpo de Wanninkhof se comparou con Tony Alexander King, un delincuente sexual británico de 32 anos cun longo historial criminal no Reino Unido, e quen tamén foi identificado mediante ADN como o autor do asasinato de Sonia Carabantes, de 17 anos, en Coín, en 2003. King foi condenado por ámbolos dous asasinatos e condenado a 55 anos de prisión.

Todo o proceso é coñecido popularmente en España como caso Wanninkhof. A condena de Vázquez foi catalogada como o maior erro xudicial na historia xurídica de España dende o crime de Cuenca" de 1910.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El Mundo, 18 de setembro de 2003 Xuízo adiado por novas probas 20 Minutos, 2 de febreiro de 2005 Dolores Vázquez exculpada de tódolos cargos La Rioja, 21 de decembro de 2006 Tony King declarado culpable

Categoría:Asasinatos Categoría:1999