Giorgio Armani, nado en Piacenza o 11 de xullo de 1934 e finado en Milán o 4 de setembro de 2025, foi un deseñador de moda e empresario italiano.
Principalmente coñecido pola súa roupa para os homes, formou a súa propia empresa en 1974 e 37 anos máis tarde a revista Forbes considerouno o deseñador italiano de maior éxito comercial, estimando a súa fortuna en 9,8 miles de millóns de dólares. Admirado e promovido por diferentes actores de cinema e músicos, Armani diversificou a súa produción con perfumaría e outros complementos no que se coñece como Emporio Armani.
Traxectoria Aínda que a súa primeira afección foi a fotografía, Giorgio Armani estudou tres anos de medicina na Universidade de Milán. Cumpriu co servizo militar e debido á súa formación médica foi asignado ao Hospital Militar de Verona, onde puido asistir a especáculos na Arena. Finalmente decidiu seguir un camiño diferente na súa carreira.
En 1957, comezou a traballar nos grandes almacéns La Rinascente de Milán. Comezou como vendedor do departamento de homes, logrando unha valiosa experiencia nos aspectos de mercadotecnia da industria da moda. Foi tamén deseñador de escaparates.
Entre 1961 e 1970 foi deseñador en Nino Cerruti e tras abandonar esta firma decidiu abrir a súa propia. Tan só catro anos máis tarde fundou xunto ao seu socio Sergio Galeotti a sociedade Armani, dedicada á moda masculina inicialmente e un ano máis tarde tamén á feminina, coincidindo coa chegada da súa irmá Rosanna á empresa. Galeotti faleceu en 1985, once anos despois da fundación.
Empresa miniatura|Armani en setembro de 1997 Giorgio Armani é un empresario sagaz, hábil ao modular a creatividade e a fantasía de acordo coas novas necesidades da vida moderna. As aúas prendas son cómodas, habitualmente de liñas rectas e máis ben sobrias, aínda que confeccionadas en materiais selectos. As súas coleccións de muller inciden nunha estética bastante andróxina, non resaltan as formas e procuran unha estilización realzando a verticalidade. Non abusa das cores, aínda que inclúe ocasionais aplicacións de pedraría e fíos metálicos.
Armani é considerado unha marca (label) ou garantía de elegancia contida, fronte ao atrevemento máis arriscado doutros deseñadores. A súa moda non experimenta cambios rápidos e moitos persoeiros considérana un recurso infalible para vestir nas grandes ocasións.
Vestiu asiduamente grandes estrelas de Hollywood, tanto dentro dos filmes como nas súas aparicións públicas. Os seus deseños para o filme American Gigolo, cun novo Richard Gere, axudaron á súa irrupción no mercado estadounidense. Tamén se encargou do estilismo do filme Phenomena, do director italiano Dario Argento. Armani deseñou o vestiario de máis de cen filmes, como o de The Untouchables (1987). É un deseñador recorrente entre as estrelas que acoden ás entregas dos premios Óscar. A cantante Beyoncé converteuse na imaxe publicitaria da súa flagrancia "Diamonds".
Vida persoal Armani é unha persoa moi discreta, mais identificouse publicamente como bisexual. Mantivo unha longa relación co seu socio, o arquitecto Sergio Galeotti, quen faleceu dun ataque ao corazón en 1985.Will Giorgio Armani be the Last Fashion Designer? New York. Consultado o 24 de abril de 2015.Giorgio Armani and Sergio Galeotti: A Love Story LuxeMag, 21 de xullo de 2010. Consultado o 24 de abril de 2015. Armani é afeccionado ao club de fútbol Inter de Milán. Dende 2008 é dono do equipo de baloncesto EA7 Emporio Armani Olimpia Milano.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina da empresa Giorgio Armani, UNHCR Goodwill Ambassador Giorgio Armani interview with Harper's Bazaar Giorgio Armani costume design drawings for AMERICAN GIGOLO, 1980, Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences Giorgio Armani at The Fashion Styles
Categoría:Nados en Piacenza Categoría:Nados en 1934 Categoría:Deseñadores de moda Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Deseñadores de Italia Categoría:Finados en 2025