Batman, a Lego película (en ) é un filme de 2017 dirixido por Chris McKay. Foi producido por Warner Animation Group e distribuído por Warner Bros. Pictures. O guión é obra de Seth Grahame-Smith, Chris McKenna, Erik Sommers, Jared Stern e John Whittington, e producido por Dan Lin, Roy Lee e Phil Lord e Christopher Miller. Baséase nos personaxes de DC Universe, de DC Comics, e as liñas de xoguetes Lego Batman/Lego DC Super Heroes, sendo unha coprodución internacional entre os Estados Unidos, Australia e Dinamarca. É o segundo título da franquía "Lego Movie". Conta coas voces de Will Arnett (que retoma o seu papel de A Lego película) xunto con Zach Galifianakis, Michael Cera, Rosario Dawson e Ralph Fiennes.

Estreouse en galego o 25 de decembro de 2020 a través da tvG2.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dirixidos por Chris McKay Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego Categoría:Filmes baseados en xoguetes