Natividad Mejuto Larrauri, nada en Santiago de Compostela en setembro de 1910 e finada na mesma cidade en xullo de 1990,La Voz de Galicia, Santiago, 29-7-1990, p. 34. foi unha química galega e unha das primeiras docentes de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.Liste e Pintos

Traxectoria Natividad Mejuto estudou o bacharelato no Instituto de Santiago xunto con Elisa Díaz, quen sería unha das súas grandes amigas na facultade. Realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias (Sección Química),e conseguiu unha bolsa na facultade de Ciencias.Pintos (2016)

En 1931 foi presentada como socia á Sociedad Española de Física y Química (SEFQ). Publicou na revista Anales de Química varios artigos, todos eles en colaboración con Fernando Calvet.Traballou no Laboratorio de Química Orgánica da Facultade de Ciencias de Santiago xuntamente con Concepción Carnero.

Foi axudante de clases prácticas das materias Química Orgánica e Química Teórica durante 1933 e 1934 na Facultade de Ciencias.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Ligazóns externas As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en Consello da Cultura Galega.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela

Categoría:Nados en 1910

Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Químicos de Galicia