O gran combate (en ) é un filme estadounidense de 1964 dirixido por John Ford. É un wéstern épico protagonizado por Richard Widmark, Carroll Baker, James Stewart e Edward G. Robinson. Conta a historia dun evento real, o éxodo dos cheyennes do norte en 1878–79, contado nun "estilo Hollywood" e con moitas licenzas artísticas. Foi o derradeiro wéstern dirixido por John Ford, quen o considerou como unha elexía para os nativos americanos que foran maltratados polo goberno dos Estados Unidos e cuxa historia foi terxiversada por moitos dos propios filmes do director. Cun orzamento de 4 millóns de dólares, o filme non tivo éxito na recadación e non lle permitiu obter beneficios ó seu distribuidor, Warner Bros.
Estreouse en galego o 9 de xullo de 2011 a través da TVG.
Personaxes
Richard Widmark como Capitán Thomas Archer Carroll Baker como Deborah Wright Karl Malden como Capitán Wessels Sal Mineo como Red Shirt Dolores del Río como muller española (nai de Red Shirt) Ricardo Montalbán como Little Wolf Gilbert Roland como Dull Knife Arthur Kennedy comoDoc Holliday Patrick Wayne como Tenente Scott Elizabeth Allen como Miss Plantagenet John Carradine como Jeff Blair Victor Jory como Tall Tree Mike Mazurki como Sarxento primeiro George O'Brien como maior Braden Sean McClory como Dr. O'Carberry Judson Pratt como maior Dog Kelly Carmen D'Antonio como muller Pawnee Ken Curtis como Joe James Stewart como Wyatt Earp Edward G. Robinson como Secretario do interior
Lingua navagho Ford usou ao pobo navagho para representar os cheyenne. Os diálogos que supostamente están en "lingua cheyenne" están en realidade en navagho. Isto non supuxo unha gran diferenza para a audiencia branca, mais para as comunidades navagho o filme fíxose moi popular porque os actores navaghos empregaban abertamente unha linguaxe vulgar e crúa que nada tiña que ver co representado no filme. Un exemplo disto é a escena na cal se asina o tratado, na que o discurso solemne do xefe é só unha burla do tamaño do pene do coronel. Algúns académicos consideran que este é un momento importante no desenvolvemento da identidade dos nativos americanos porque foron quen de burlarse da interpretación histórica de Hollywood sobre o oeste americano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua navagho Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Ford Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes ambientados en 1878 Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes de 1964 con versión en galego