miniatura|Ábsida de Santa María de Tahull, ca. 1123. As cores (vermello, azul, amarelo, verde) enchen completamente e sen modulación os planos nitidamente separados no fondo, mentres que nas figuras combínanse con espazos nos que se deixa ao branco do cal proporcionar unha sensación de gradación. A noite estrelada obtense co contraste entre negro e branco (as "non cores").

miniatura|As estatuas en pedra na Antiga Grecia tiñan unha aparencia moi distinta á que chegou delas ao Renacemento ou á Idade Moderna

miniatura|Cappella Cornaro na igrexa de Santa María da Vitoria, de Bernini (o seu grupo central é a Éxtase de Santa Teresa), 1647-1651. A mestura de distintos materiais (mármores de distintas cores, bronce dourado) e a iluminación desde unha xanela oculta conseguen un cromatismo efectista. Os mármores no Barroco continuaron a estética do Renacemento de figuras brancas, pero a madeira policromada tivo un grande auxe.

miniatura|Grilanda de flores cunha pintura en grisalla e amorciños pintando, de Miguel Parra, 1801. miniatura|Serpe azteca de dobre cabeza (turquesa, cuncha e hematites sobre madeira). Suponse que formaría parte do botín da conquista de México, 1519.British Museum, fonte citada en :en:Double-headed serpent miniatura|O dragón do Parque Güell, trencadís de Gaudí, 1900-1903. miniatura|Santa Maria Novella], de Leon Battista Alberti, 1470. Un precedente próximo é a igrexa medieval de San Miniato ao Monte. A alternancia cromática en dovelas e outros elementos arquitectónicos pode rastrexarse até a románica basílica de Vézelay, a carolinxia capela palatina de Aquisgrán, a andalusí mesquita de Córdoba ou o acueduto das Milagres da Mérida romana. miniatura|MUSAC de León, Mansilla e Tuñón, 2005. miniatura|Asamkirche, de Egid Quirin Asam e Cosmas Damian Asam, Múnic, 1733-1746; un interior rococó ou tardobarroco concibido desde a "arte total", onde se conxuntan os compoñentes pictóricos escultóricos e arquitectónicos, todos eles esencialmente cromáticos. miniatura|Harmonía en Azul e Ouro: A Habitación do Pavo Real, de James McNeill Whistler, 1876-1877.

A cor na arte é un aspecto moi importante das artes visuais ou plásticas, xunto con outros elementos como a luz, a atmosfera, o fondo e a forma, o formato, a materia, a liña, o punto, a mancha, a textura, o volume, o espazo, o movemento, etc.Véxase tamén perspectiva aérea.Véxase tamén perspectivaAlgunhas artes son "plásticas" e outras "dinámicas" (como a música ou o cine); pero a representación do movemento nas artes plásticas é posíbel: un dos bisontes de Altamira está representado con máis de catro patas, o que se ten proposto como unha representación de movimento e que tamén aparece noutras mostras de primitivismo na plástica exipcia e asiria. A diferenciación tradicional entre os "estilos" franco-cantábrico e levantina insistiu en que este último reflexaba accións en movemento. Similar oposición é a que se fai entre estilos artísticos que se foron sucedendo pendularmente na historia da arte: a rixidez da escultura arcaica e o dinamismo da helenística (pasando polo punto medio o equilibrio da clásica), o hieratismo da plástica románica e o pathos da gótica, o decorum renacentista e o retorcemento barroco, culminando na oposición entre neoclasicismo e romanticismo. Xa no s. XX, o movemento foi o elemento principal do futurismo e da arte cinética.

A cor ten efectos físicos e psicolóxicos comprobados, e diversas funcións, de atribución psicolóxica ou histórica, de connotacións semánticas (ás veces mesmo discrepantes coa realidade física, como é o caso das cores cálidas e frías e a temperatura da cor), de prestixio, etc., e algúns aspectos determinados pola técnica: Por exemplo a cerámica grega só usaba os pigmentos amarelo, vermello, branco e negro; nela as mulleres eran pintadas de branco, e os homes unhas veces de branco e outras de negro. Esa "tetracromía" (ás veces chamada "bicromía" cando se usa o vermello e o negro, ou mesmo cando se usan catro pigmentos, obviando o branco e o negro) na pintura da Grecia Antiga non se correspondía cos mosaicos ou murais, nos que chegaron a empregar azuis e verdes, o mesmo que nas esculturas, que eran polícromas; simplemente esas cores eran as que conseguían fixar na cerámica.

Porén, as estatuas clásicas que chegaron ás épocas do Renacemento e posteriores eran maiormente as de pedra branca, xa que as de bronce eran refundidas co tempo, e as de madeira perdéronse e só temos referencias delas a través de cadros e de escritos coma o Palladion.

A cor na arte, ou en tanto que experiencia estética, é un campo propicio para a transdisciplinariedade e téñense feito aproximacións multidisciplinares desde a historia da arte e a historia en xeral, desde a lingüística, a fisioloxía e neuroloxía, neurobioloxía (ou neurociencia) e neuroestética, etc.

As cores e os seus efectos psicolóxicos

Os efectos dos tons cromáticos como determinantes do comportamento humano teñen sido estudados desde distintas perspectivas multidisciplinares. A cor inflúe en percepcións que non son obvias, como o sabor dos alimentos, poden causar certas emocións nas persoas, mellorar a eficacia dos placebos, ser relaxantes ou estimulantes, poden influír nas emocións e percepcións dos consumidores sobre os bens e servizos, e condicionar as decisións á hora de comprar algún produto.

A maneira como a cor inflúe nos individuos pode variar segundo a idade, o xénero e a cultura. Por exemplo, os homes heterosexuais tenden a informar de que os traxes vermellos aumentan o atractivo feminino, mentres que as femias heterosexuais negan que a cor dos traxes teña un impacto sobre a dos homes. Os estudos científicos revisados sobre os efectos psicolóxicos das cores, porén, son bastante recentes, escasos, e por veces controvertidos, como os referidos aos termos básicos da cor e a súa relatividade lingüística, ou como as asociacións de cores poden ter certa preferencia uniforme entre xénero e etnia ou variar cronolóxica e contextualmente entre culturas.

As cores "frías" (as gamas en torno ao azul) teñen o efecto de afastar (tanto espacial como emocionalmente); as cores "cálidas" (as gamas en torno ao laranxa) teñen o efecto de achegar (tanto espacial como emocionalmente). Tales efectos, na representación de imaxes en dúas dimensións cobra unha importancia radical: a consecución dunha sorte de "perspectiva cromática" (que tamén se obtén diminuíndo a saturación da cor en proporción á distancia que se pretende representar), que non depende da teorización, posto que viña utilizando de forma intuitiva desde antigo.Fernando Marías (dir.), Otras Meninas, Siruela, 1995, pg. 299. Porén, nas representacións pictóricas relixiosas iso tampouco se fixo de maneira única. A túnica da Virxe María con azul de lazurita tornouse un estándar iconográfico, porén as roupas de Xesús foron cambiando ao longo da historia: azul, branco, morado, vermello...

A cor nas distintas artes

Aínda que a cor é, co debuxo, a esencia da pintura (a súa persoal "paleta", xunto co seu persoal trazo ou pincelada, caracterizan cada pintor), tamén tivo, desde a Antigüidade, un papel decisivo na escultura (escultura policromada) e arquitectura; algunhas veces combinadas entre si (relevos concibidos como decoración arquitectónica ou partes dun edificio concibidas como soporte escultórico) e outras por separado.Ball, op. cit.Fenger, fonte citada en :de:Antike PolychromieEscultura en piedra policromada -Commons-. Véxase tamén policromía -máis completo en :en:Polychrome, estofado (arte), imaxinería e retablo.Category:Polychromy in antique art Policromía na arte antiga -Commons-; Policromía en igrexas -Commons-.

Na maior parte das técnicas de pintura (fresco, acuarela, témpera, óleo, pastel, acrílico) a cor obtense a través dos pigmentos que se mesturan cun aglutinante para fixarse ao soporte (muro, táboa, pergamiño, papel), que pode ou non engadir algún compoñente cromático, por transparencia ou por deixar parte da superficie sen pintar, ou estar previamente preparado cunha imprimación. Noutras técnicas (mosaico, colaxe), así como en escultura e pintura, tanto pode provir da cor propia dos materiais empregados como da súa modificación (sendo esta intencional ou casual). As calidades cromáticas da materia (branco do mármore e outras pedras escultóricas e arquitectónicas, "broncíneo" do bronce puído, verde escuro do bronce con pátina, dourado do ouro, cor das madeiras empregadas para a talla ou como material de construción) poden ser intencionadamente escollidas polos artistas ou ben ser resultado da necesidade; tamén ocorreu que a mitificación da arte do pasado ennobreceu de tal xeito a percepción actual sobre esas obras que se aprecian características cromáticas que na época non tiñan (por estaren cubertas de pintura hoxe desaparecida ou por terse modificado de forma que os seus creadores podían ou non considerar). Escultura e arquitectura Na arte e a artesanía popular o uso da cor responde tanto a cuestións pragmáticas (utilidade e dispoñibilidade dos materiais e pigmentos) como a formulacións tradicionais. Na arquitectura popular, a necesidade de utilizar os materiais locais ou o costume de pintar de diferentes e vivas cores as fachadas tense en distintos lugares.Destinos para flipar en colores O resultado son verdadeiras "aldeas de cores". En canto ás artes aplicadas, menores ou decorativas, desde a tapicería tradicional até ao deseño moderno, a presenza da cor é fundamental.

Artes aplicadas, menores ou decorativas

Percepción da cor

esquerda|miniatura|Escena de Xullo de 1830 ou As bandeiras, de Léon Cogniet, 1830. A bandeira branca da monarquía borbónica esfiáñase (deixando ver o ceo) e mancha de sangue durante as tres "xornadas gloriosas" de xullo de 1830, converténdose na tricolor da Revolución de 1789. A mesma cor en distintas bandeiras pode ter significados e atribucións distintas, como son os casos da República de Irlanda e da Costa do Marfil. No caso dos europeos o verde representa os católicos e o laranxa os protestantes, unidos polo branco da paz, e no dos africanos o laranxa representa o sangue. A preponderancia de cor sobre o debuxo identifícase coa expresión das emocións fronte á razón.Raquel GAllego, Historia del arte, Editex, 2009, pg. 638.

A percepción visual, semiótica,Umberto Eco, op. cit. ou simbólica das cores, que se produciu en cada cultura e estilo baixo diferentes códigos iconográficos (aínda que sempre suxeitos ás posibilidades prácticas de usar pigmentos, determinados pola súa dispoñibilidade e alto custo até a Revolución Industrial).Ball, op. cit.

Máis aló disto, as especulacións teórico-técnicas sobre a chamada " cor local"ArtLex, fonte citada en :en:Local color (visual art) (que presuntamente tería un obxecto en si), compatible co tradicional uso "realista" da cor na arte,Volpe, fonte citada en :en:Color realism (art style). Véxase tamén realismo na arte. deixaron paso na segunda metade do século XIX a un entendemento máis axustado ás nocións científicas que proporcionaba a óptica, que estaba na base da "revolución" impresionista (ao decatarse de que os obxectos non teñen cor por si mesmos, senón que só reflicten, segundo as súas características, a luz que reciben, que á súa vez está determinada polas súas diferentes orixes posibles e que é o sistema visual do espectador o que percibe as cores como resultado da luz que chega aos seus ollos).

A partir dese cambio radical no concepto pictórico da cor, as vangardas artísticas do século XX optaron por moi distintas utilizacións: unha arbitrariedade consciente (fauvismo), un monocromatismo que emparentaba coa fotografía e o cine "en branco e negro" (algún cubismo, por exemplo o Guernica de Picasso) ou unha identificación da propia obra con en a cor en si mesmo (azul KleinMontmartre, fonte citada en International Klein Blue -Yves Klein-). Técnica da cor en pintura