A batalla de Chocontá foi unha batalla que se produciu no seo do conflito entre os muiscas do norte e do sur da confederación muisca, na época precolombiana do centro de Colombia. A batalla produciuse 1490 en Chocontá. Enfrontáronse un exército de 50 000 güechas do sur, liderados polo zipa Saguamanchica, e 60 000 güechas do norte liderados polo zaque Michuá, quen tamén contaba co apoio do cacique de Guatavita.

miniatura|dereita|250px|Mapa dos territorios muiscas. Chocontá atópase na fronteira do territorio do zipa (verde) e a área vermella.

Contexto upright=.5|esquerda|miniatura|O zipa Saguamanchica. upright=.5|esquerda|miniatura|O zaque Michuá. Nas décadas anteriores á chegada e invasión dos conquistadores españois ás terras altas centrais de Colombia, a área estaba gobernada por dous grupos principais: o zacazgo da rexión muisca do norte e o zipazgo da rexión muisca do sur. Se ben as dúas faccións estaban unidas nunha confederación, libraban numerosas guerras para dominar o terreo e obter acceso aos recursos da zona, principalmente ouro, cobre e esmeraldas.Muisca history; natural resources – Pueblos Originarios

Os muiscas do norte habitaban a área que aproximadamente se corresponde co actual departamento de Boyacá, mentres que os muiscas dos sur vivían no actual departamento de Cundinamarca. A capital do zaque era Hunza, actual Tunja, e a do zipa era Bacatá, que máis tarde se convertería na capital de Colombia, Bogotá.

Batalla O exército sureño de güechas de Saguamanchica reuniuse preto de Chocontá para enfrontar a Michuá. A batalla durou tres horas e foi considerada como especialmente sanguenta. Os líderes dos dous exércitos morreron durante a loita, mais o zipazgo dos muiscas do sur saíu vitorioso. Quemuenchatocha converteuse no novo zaque de Hunza e o zipa de Bacatá foi sucedido por Nemequene.

A batalla foi un dos primeiros actos de guerra muisca rexistrados polo bispo e cronista Lucas Fernández de Piedrahita.Adolfo Constenla Umaña, 1996 – Poesía Tradicional Indígena Costarricense (Editorial de la Universidad de Costa Rica)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Historia de Colombia Categoría:Batallas dos muiscas