Amelia Pérez Álvarez, máis coñecida como Meli Pérez, nada en Moaña en 1970, é unha sindicalista galega, secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia. Traxectoria Diplomada en turismo, traballou na cadea Zara, na tenda que Inditex ten no centro comercial Camelias de Vigo. Alí converteuse en delegada sindical en 1999, xa como sindicalista de Comisións Obreiras. En 2012 foi elixida na secretaria comarcal de Comisións Obreiras en Vigo, a primeira muller e a primeira que non era unha traballadora vinculada aos sectores do metal (automóbiles e estaleiros). Revalidou o seu cargo en 2017, pero en 2021 renunciou a seguir e substituíuna Montserrat Carrera.
Foi elixida o 21 de maio de 2021 secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia, en substitución de Ramón Sarmiento, tamén da comarca viguesa, pero empregado do estaleiro Barreras. A elección produciuse no XII Congreso da entidade, celebrado en Santiago de Compostela. Nesa cita electoral impúxose co 64,24 % dos votos, e foi a única candidatura.
Vida persoal Vive en Moaña. Ten un fillo nado en 2013 que se chama Brais. .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
CCOO Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
Ligazóns externas
Web de CCOO de Galiza
Categoría:Sindicalistas de CCOO de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes