Emmanuelle Béhart-Hasson, nada en Gassin o 14 de agosto de 1963, é unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Béart.

Traxectoria Béart naceu na Riviera francesa, filla de Geneviève Galéa (pseudónimo de Geneviève Guillery), antiga modelo de ascendencia crota, grega e maltesa, e de Guy Béart, cantante e poeta. A familia do seu pai, nado en Exipto, era descendente de xudeus libaneses.Binder, Carol (16 de setembro de 2015). Guy Béart: «Ma mère m'a enseigné les rituels juifs que je connais très bien» . ActualitéJuive . Consultado o 21 de abril de 2020.

Ten unha media irmá, Ève (nada en 1959), por parte paterna, e seis medios irmáns de dúas relacións da súa nai, Ivan, Sarah e Mikis Cereix e Olivier, Lison e Charlotte Guespin.

No final da súa adolescencia, pasou vacacións de verán coa familia anglofalante dun amigo íntimo do seu pai en Montreal. Ficaba con Beverly Mellen e William Sofin e os seus fillos, Andrew e Sean Sofin. A finais do verán, a familia convidouna a quedar con eles e completar o baccalauréat no Collège International Marie de France. Continuaron a manter a súa amizade.

Béart conseguiu un papel no filme de 1976 Tomorrow's Children. Tamén apareceu en pequenas personaxes na televisión. Tras graduarse do Collège International Marie de France de Montreal, volveu a Francia para recibir clases de arte dramática en París. Pouco despois foi contratada para o seu primeiro papel adulto nun filme, e en 1986 acadou sona polo seu papel con Yves Montand, como a filla vingativa do éxito francés Manon des Sources. Pola súa interpretación gañou o César á mellor actriz secundaria. En 1995 gañou o premio de interpretación do Festival de Ciname de Moscova polo seu papel en Une femme française.

No número do 5 de maio de 2003 da edición francesa da revista Elle, Béart, de 39 anos, apareceu espida: a edición enteira de 550 000 copias veldeuse en tres días, converténdose no número máis vendido na historia de publicación.Mottram, James (20 de xuño de 2009). Emmanuelle Béart: 'Sometimes you feel more naked when you're totally dressed than the other way round'. The Independent. Consultado o 21 de abril de 2020.

Vida persoal A mediados da década de 1980, Béart comezou unha relación con Daniel Auteuil (coprotagonista de L'amour en douce, Manon des Sources, Un cœur en hiver e Une femme française); casaron en 1993 e divorciáronse en 1995. Béart relacionouse romanticamente co produtor musical David François Moreau e co produtor cinematográfico Vincent Meyer durante dous anos ata que se suicidou en maio de 2003. Ten tres fillos, incluíndo Nelly Auteuil (nada c. 1993) e Johan Moreau (nado c. 1996). Casou co actor Michaël Cohen o 13 de agosto de 2008 en Genappe (Bélxica), e en 2009 adoptaron un neno de Etiopía chamado Surafel. Béart e Cohen separáronse en 2011. En 2011, comezou unha relación co director e director de fotografía Frédéric Chaudier.

Ademais do seu traballo na pantalla, Béart é coñecida polo seu activismo social. É embaixadora de UNICEF, e mostrou a súa oposición ás leis francesas antiinmigración. En 1996 apareceu nos titulares cando foi evacuada dunha igrexa parisiense que ocupara o seu grupo en defensa dos "sans-papiers" ("sen papeis").

En marzo de 2012, Béart falou contra a cirurxía estética en Le Monde, dicindo que se arrepentía de operarse os beizos en 1990 cando tiña 27 anos.Emmanuelle Béart : la chirurgie esthétique, "ça a été effroyable". Le Monde . 2 de marzo de 2012. Consultado o 21 de abril de 2020.

En setembro de 2018, casou con Frédéric Chaudier.

Filmografía AnoTítuloPersonaxeDirector1983Premiers désirs Hélène David Hamilton1985 L'Amour en douceSamantha Édouard Molinaro1986 Manon des SourcesManon Claude Berri1987 Date with an Angel Angel Tom McLoughlin1988 À gauche en sortant de l'ascenseurEva Édouard Molinaro1990 Il viaggio di Capitan FracassaIsabella Ettore Scola 1991La belle noiseuseMarianne Jacques RivetteJ'embrasse pasIngridAndré Téchiné1992Un cœur en hiver Camille Claude Sautet1994 L'enferNelly Claude Chabrol1995Une femme française Jeanne Régis Wargnier1995 Nelly & Monsieur ArnaudNelly Claude Sautet1996 Mission: Impossible Claire Phelps Brian de Palma1998Don JuanElvire Jacques Weber1998Voleur de vieAlda Yves Angelo1999Le temps retrouvéGilberte Raoul Ruiz1999 La bûcheSonia Danièle Thompson1999 Elephant Juice Jules Sam Miller2000 Les destinées sentimentalesPauline Pommerel Olivier Assayas2001La répétitionNathalie Catherine Corsini20028 femmes Louise François OzonSearching for Debra Wingeras herselfRosanna Arquette2003Les égarésOdile André TéchinéHistoire de Marie et JulienMarie Delambre Jacques RivetteNathalie... Nathalie / MarlèneAnne Fontaine2005L'enfer Sophie Danis Tanović2006 A CrimeAlice Parker Manuel Pradal2007 Les témoinsSarahAndré Téchiné2008DiscoFrance Navarre Fabien OntenienteVinyanJeanne Bellmer Fabrice Du Welz2010Nous TroisMarieRenaud BertrandÇa commence par la finGabrielleMichaël Cohen2011Ma compagne de nuitJuliaIsabelle Brocard2012Bye Bye BlondieFrancesVirginie DespentesTélé gauchoPatricia GabrielMichel Leclerc2013Par exemple, ÉlectreChrysothémisJeanne Balibar, Pierre Léon2014My MistressMaggieStephen LanceLes Yeux jaunes des crocodilesIris DupinCécile Telerman2017Beyond the Known WorldLouise Pan Nalin2019Merveilles à MontfermeilEmmanuelle JolyJeanne Balibar

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados no departamento de Var Categoría:Nados en 1963 Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de televisión de Francia