Jéssica Bouzas Maneiro, nada o 24 de setembro de 2002 en Vilagarcía de Arousa, é unha tenista galega. Ocupa o posto 83 no ránking WTA.
Gañou once títulos individuais e seis dobres no Circuíto Feminino ITF, así como un bronce e un ouro nos Xogos Mediterráneos de 2022.
Traxectoria Comezou a xogar ao tenis con cinco anos no Club de Tenis e Pádel O Rial da súa Vilagarcía de Arousa natal, co adestrador Daniel Walters, antes de trasladarse, con trece anos, á Academia de Tenis Ferrer en Xàbia.
En decembro de 2020 disputou en Madrid a súa primeira final individual do Circuíto Feminino ITF, sendo derrotada pola suíza Conny Perrin. Un mes despois, en xaneiro de 2021, gañou o seu primeiro título individual nun evento de 15 000 dólares no Cairo, tras derrotar á eslovaca Chantal Škamlová na final. Unha semana despois conquistou un segundo título ITF no Cairo e en marzo de 2021 acadou a final en Gonesse (Francia). Ese mesmo ano proclamouse campioa nun torneo na cidade grega de Heraklion e disputou a final en Madrid.
En 2022 disputou seis finais do Circuíto ITF, gañando cinco delas (Villena, Palmanova, Aschaffenburg e Quinta do Lago) e perdendo só na final de Platja d'Aro ante Guiomar Maristany. Ese mesmo ano participou nos Xogos Mediterráneos na cidade alxeriana de Orán, conseguindo a medalla de bronce en individuais e o ouro en dobres xunto á propia Maristany, despois de derrotar na final ás maltesas Francesca Curmi e Elaine Genovese.
En 2023 conseguiu acceder por primeira vez na súa carreira ao cadro final dun Grand Slam tras superar a previa. Foi no Campionato de Wimbledon, onde caeu en primeira rolda diante da ucraína Anhelina Kalinina.
En marzo de 2024 conquistou o seu maior título até a data, ao erguer o WTA 125 de Antalya, en Turquía, vencendo na final á romanesa Irina Camelia Begu, por un marcador de 6-2, 4-6 e 6-2. Foi así a primeira galega en 13 anos en conquistar un título deste nivel, desde que o fixese Lourdes Domínguez en 2011 en Bogotá. Con este resultado subiu ata o posto 104 do ránking WTA. Un mes máis tarde, en abril, tras xogar a final do ITF 100 de Zaragoza, logrou entrar por primeira vez no top 100, situándose como a 90ª mellor xogadora do mundo.
Continuou ascendendo postos na clasificación e no torneo de Wimbledon de 2024 deu a sorpresa, eliminando na primeira rolda á vixente campioa e número 6 do mundo, a checa Markéta Vondroušová. Deste xeito converteuse na segunda tenista na historia da era Open en eliminar en primeira rolda á campioa do ano anterior, 30 anos despois de que Lori McNeil fixese o mesmo con Steffi Graf. A continuación desfíxose da hispano-moldova Cristina Bucșa para converterse na primeira tenista galega da historia en acceder á terceira rolda de Wimbledon. Caeu finalmente ante a checa Barbora Krejčíková na terceira rolda, nun partido que non chegou a rematar, pois retirouse cun problema lumbar cando perdía por 6-0 e 4-3.
Finais do Circuíto ITF Individuais: 14 (9 campioa, 5 subcampioa) Lenda Torneos de 100 000 $ Torneos de 80 000 $ Torneos de 60 000 $ Torneos de 25 000 $ Torneos de 15 000 $ ResultadoW–LDataTorneoNivelSuperficieAdversariaPuntuaciónDerrota 0–1 Decembro de 2020ITF Madrid15 000 Arxila Conny Perrin 4–6, 6–7(8)Vitoria 1–1 Xaneiro de 2021ITF O Cairo 15 000 Arxila Chantal Škamlová 7–5, 4–6, 6–4Vitoria 2–1 Xaneiro de 2021ITF O Cairo 15 000 Arxila Anastasia Nefedova 6–0, 6–0Derrota 2–2 Marzo de 2021ITF Gonesse15 000 Arxila (i) Marine Partaud 4–6, 3–6Vitoria 3–2 Xuño de 2021ITF Heraklion15 000 Arxila María Portillo Ramírez 6–3, 6–0Derrota 3–3 Xuño de 2021ITF Madrid25 000 Arxila Amandine Hesse 4–6, 5–7Vitoria 4–3 Febreiro de 2022ITF Villena15 000 Dura Ashley Lahey 6–2, 6–1Vitoria 5–3 Marzo de 2022ITF Palmanova15 000 Dura Yvonne Cavallé Reimers 6–4, 6–1Derrota 5–4 Maio de 2022ITF Platja d'Aro25 000 Arxila Guiomar Maristany 6–7(2), 4–6Win 6–4 Xullo de 2022ITF Aschaffenburg25 000 Arxila Katharina Hobgarski 6–1, 6–2Vitoria7–4Outubro de 2022ITF Šibenik25 000Arxila Leyre Romero Gormaz6–3, 6–3Vitoria8–4Outubro de 2022ITF Quinta do Lago25 000Dura Tara Würth7–5, 5–4 ret.Derrota8–5Maio de 2023ITF Praga60 000Arxila Darja Semenistaja6–2, 3–6, 4–6Vitoria9–5Xullo de 2023ITF Roma60 000Arxila Raluca Șerban6–2, 6–4
Dobres: 6 (4 campioa, 2 subcampioa) Lenda Torneos de 100 000 $ Torneos de 80 000 $ Torneos de 60 000 $ Torneos de 25 000 $ Torneos de 15 000 $ ResultadoW–LDataTorneoNivelSuperficieCompañeiraAdversariasPuntuaciónDerrota 0–1 Febreiro de 2021ITF Antalya15 000 Arxila Lexie Stevens Mariana Dražić Oana Georgeta Simion 6–4, 3–6, [10–12]Vitoria 1–1 Abril de 2022ITF Oeiras25 000 Arxila Guiomar Maristany Francisca Jorge Matilde Jorge 3–6, 6–4, [10–8]Vitoria 2–1 Xullo de 2022ITF Getxo25 000 Arxila Leyre Romero Gormaz Park So-hyun Sapfo Sakellaridi 7–5, 6–0Derrota2–2Xullo de 2022ITF Darmstadt25 000Arxila Leyre Romero Gormaz Elena Malõgina Alice Robbe5–7, 5–7Vitoria3–2Agosto de 2022ITF San Bartolomé de Tirajana60 000Arxila Leyre Romero Gormaz Lucía Cortez Llorca Rosa Vicens Mas1–6, 7–5, [10–6]Vitoria4–2Setembro de 2022ITF Marbella25 000Arxila Leyre Romero Gormaz Julia Riera Daniela Seguel6–4, 6–2
Representación nacional Individuais: 1 (medalla de bronce) ResultadoDataTorneoSuperficieAdversariasPuntuación 20px Bronce Xuño de 2022Xogos Mediterráneos, Orán, Alxeria Arxila Chiraz Bechri w/o
Dobres: 1 (medalla de ouro) ResultadoDataTorneoSuperficieCompañeiraAdversariasPuntuación 20px Ouro Xuño de 2022Xogos Mediterráneos, Orán, Alxeria Arxila Guiomar Maristany Francesca Curmi Elaine Genovese 6–3, 6–2
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Jéssica Bouzas Maneiro na páxina da WTA Perfil de Jéssica Bouzas Maneiro na páxina da ITF
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Tenistas de Galicia