Pedro Rodríguez Rodríguez, nado en Xallas (Negreira) en 1849 e finado en Meiró (Aro) o 31 de xullo de 1925, foi un médico, historiador e escritor galego. Traxectoria Fillo de Ramona Rodríguez e dun crego da comarca da Barcala que custeou os seus estudos no Seminario e despois a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus tempos de estudante formou parte da redacción de Galicia Histórica e foi amigo de Bernardo Barreiro, con quen colaborou na tradución da Historia Compostelana.

Colaborador asíduo de Galicia Diplomática, nela publicou "Los Churruchaos. Guerra de Don Berenguel de Landoira, arzobispo de Santiago" (versión dun códice latino, con notas do historiador Bernardo Barreiro), "Grandimirium", "La Villa de Noya", "Las torres del Oeste", "Cronicón Iriense" (códice en latín, traducido expresamente para a revista) e "Los moros en Galicia".

Publicou escritos sobre prehistoria da comarca da Barcala en La Federación de Negreira y Baña. Liberal e anticlerical, tivo algún incidente co bispo de Santiago polos seus traballos de investigación sobre a aparición do corpo do apóstolo.

Recoñecementos Unha rúa de Negreira leva o seu nome.

Véxase tamén Ligazóns externas Liñares Giraut, Xosé Amancio (4/5/2015). "¿Quen foi Pedro Rodríguez Rodríguez?" La Voz de Galicia.

Categoría:Médicos de Negreira Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Anticlericais