As eleccións ao Parlamento de Gales de 2021 ou as eleccións ao Senedd de 2021 (en ), celebráronse o 6 de maio de 2021 para elixir os 60 membros do Parlamento de Gales. Foron elixidos nas sextas eleccións dende que o parlamento foi reestabelecido en 1999. As eleccións celebráronse ó mesmo tempo que as elección locais do Reino Unido, as eleccións da Asemblea de Londres, as eleccións ao Parlamento de Escocia de 2021 e as de Hartlepool.
Foron as primeiras eleccións nas que os habitantes de 16 e 17 anos de idade, e os estranxeiros legalmente residentes en Gales tiveron dereito a voto, sendo a extensión do voto máis grande en Gales dende 1969. Ámbolos dous cambios foron o resultado da Acta de 2020 do Senedd. Foron as primeiras eleccións lexislativas de Gales baixo o novo nome do parlamento, 'Senedd Cymru' ou 'Parlamento de Gales'.
Cinco partidos tiñan membros no Senedd elixidos nas últimas eleccións: Partido Laborista, Partido Conservador, Plaid Cymru, o Partido da Independencia do Reino Unido (UKIP) e os Liberal Demócratas. O Partido Laborista no goberno conseguiu un 5% máis de votos, conseguindo 30 escanos, ou xusto a metade dos 60 asentos do parlamento, un máis que nas pasadas eleccións de 2016. O Partido Conservador converteuse no segundo partido máis votado e na oposición oficial no Parlamento de Gales con 16 escanos. Plaid Cymru pasou á terceira posición con 13 escanos, un máis que en 2016.
Notas
Categoría:Eleccións ao Parlamento de Gales Categoría:Eleccións celebradas en 2021