Fabio Álvarez González, nado en Ourense en 1988, é un pianista galego.
Traxectoria Formouse de neno na escola municipal da Pobra de Trives, no conservatorio de Ourense e no Conservatorio Superior de Música do País Vasco, neste caso co pianista Emmanuel Ferrer-Lalöe como mestre. Marchou despois en 2015 a Nova York, onde proseguiu estudos, neste caso de mestrado, con Phillip Kawin na Escola de Música de Manhattan.
Ten actuado internacionalmente como pianista solista e como concertista con orquestra en distintos lugares de Galicia, resto de España, Francia e os Estados Unidos. Aínda que ten traballado outros estilos, a súa preferencia artística é a música para piano contemporánea.
Discografía
Musical Zodiac: onde interpreta Makrokosmos I e Makrokosmos II, de George Crumb. Mad Rush (IBS, 2021), onde interpreta pezas de Philip Glass.
Vida persoal Reside en Nova York, onde dá clase de piano.
Véxase tamén Ligazóns externas Web profesional
Notas
Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1988 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes