Storyteller Distribution Co., LLC, coñecido con fins comerciais como Amblin Partners, é unha empresa de entretemento estadounidense, contraparte de DreamWorks, e compañía de produción liderada por Steven Spielberg, que desenvolve e produce filmes cos selos Amblin Entertainment e DreamWorks Pictures, así como series de televisión a través de Amblin Television. Os socios de investimento da compañía inclúen a Reliance Entertainment de Reliance Group, Lionsgate Studios, Damai Entertainment de Alibaba Group e Universal Pictures de NBCUniversal/Comcast. Os filmes producidos por Amblin Partners son maioritariamente distribuídos por Universal en América do Norte e algúns territorios internacionais escolldos e por terceiros distribuidores a través de Mister Smith Entertainment en Europa, Oriente Medio e África
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Produtoras de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Steven Spielberg