Manuel Moreno Casado, coñecido como Pucherillo e Andaluz, nado en Porcuna (Xaén) en 1913 e finado en Columbrianos (Ponferrada) o 5 de xuño de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Zapateiro. Membro da UGT e afiliado á Juventud Socialista de Porcuna. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ás milicias, pasando posteriormente ao exército republicano, onde foi comisario político. Ao rematar a guerra estaba en Valencia e decidiu regresar a Porcuna. Foi detido, e xulgado en consello de guerra en Xaén o 8 de xuño de 1940 foi condenado a 30 anos de reclusión. Cumpriu a pena nas prisións de Xaén, Celanova (do 4 de outubro de 1940 a maio de 1943) e no campo de concentración das minas de Casaio dende o 18 de maio de 1943. O 30 de xuño de 1944 fuxiu con Florentino Pérez, incorporándose á guerrilla que operaba na zona de León-Galicia. En novembro de 1944 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 23-2-1945, p. 648. Integrouse no grupo de Marcelino de la Parra. Morreu o 5 de xuño de 1945 xunto cos seus compañeiros Robustiano Arias Carujo e Miguel Cuellas Gómez e os enlaces Catalina Martínez Núñez e Pedro García Tirado, cando foron localizados pola Garda Civil en Columbrianos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Manuel Moreno Casado, guerrillero y próximo a exhumar 70 años del asalto a la casa de Columbrianos que fulminó a los guerrilleros ‘Artillero’, ‘Felipe’ y ‘Andaluz’ junto a sus enlaces
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1945