David Iglesias, alcumado deportivamente Guanyar (pronunciado Guáñar), nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1997, é un xogador de videoxogos e regueiro galego en lingua castelá.

Traxectoria Estudou ensino medio no Colexio LaSalle, en Santiago de Compostela. De neno practicou fútbol e atletismo, e foi árbitro de fútbol. Tamén xogaba a videoxogos, pero a partir de 2015 empezou a dedicarse a tempo completo a xogar. Marchou estudar a carreira a Barcelona e en 2018 empezou a competir profesionalmente en videoxogos.

En 2020 o pai enfermou e el regresou a Santiago onde, coincidindo coa pandemia de covid-19, deixou de xogar unicamente (especialmente a Call of Duty) e empezou a ter unha posición máis protagonista, con contidos humorísticos, na súa canle de Twitch. Tamén xoga Fortnite. En setembro de 2020 foi baneado de Twitch durante tres meses (ata decembro dese ano) por incluír, supostamente por erro, no seu rego un cu.

En marzo de 2021 Team Heretics fichouno para o seu equipo de Fortnite e trasladouse a Madrid, onde xoga nunha vivenda común con outros cinco regueiros. Naquela altura tiña máis de 300 000 seareiros.

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1997 Categoría:Xogadores de videoxogos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes