Francisco Trigo García, nado en Carral o 18 de novembro de 1910, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de gardameta. Foi pai do tamén futbolista Francisco Trigo Guillemette.

Traxectoria Na tempada 1933–34 xogou no Deportivo da Coruña, en Segunda División, á sombra do porteiro titular Rodrigo García Vizoso. Debutou da man do adestrador Fernando Fariña na xornada 17, nun empate a domicilio fronte ao Deportivo Alavés (2–2), xogando tamén o seguinte partido fronte ao Real Murcia no vello Parque de Riazor, que rematou en vitoria (2–1). Na tempada 1934–35 foi novamente suplente, neste caso do retornado Isidro Rodríguez, aínda que participou en 6 encontros e empezou sendo o porteiro titular do equipo dirixido por Félix Gila.

Na tempada 1935–36 fichou polo Racing de Santander, en Segunda División. No club cántabro permaneceu até a campaña 1939–40, sumando un total de 10 encontros xogados.

Vida persoal Casou en outubro de 1939 na igrexa de San Cristovo das Viñas con Avelina Guillemette Vázquez. Tiveron catro fillos: Francisco, Jorge, Carlos e Fernando Trigo Guillemette.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Carral Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes