Barbara S. Askins, (apelido de nacemento Scott), nada en Belfast (Tennessee) en 1939, é unha química estadounidense. É coñecida por inventar un método para mellorar negativos fotográficos subexpuestos. Este método foi utilizado pola NASA e a industria médica, e valeulle o título de National Inventor of the Year en 1978.

Traxectoria Barbara Askins foi mestra, pero regresou aos estudos para desenvolver unha carreira científica logo de ter un fillo e unha filla. Obtivo un título de Bachelor of Science e unha Mestría na Universidade de Alabama en Huntsville.

Carreira como investigadora Askins é unha química que traballou para o Centro Marshall de voos espaciais da NASA, e é coñecida por inventar un proceso no que "imaxes nunha emulsión fotográfica revelada poden facerse significativamente máis intensas sometendo a imaxe a radioactividade e expondo unha segunda emulsión a esta radiación." A impresión resultante, coñecida como autoradiofotografía, reproduce a imaxe cun incremento significativo en densidade e contraste. O seu innovador método mellora emulsións subexpostas e incrementa os límites da detección fotográfica. En resumo, fai visible o invisible en fotografías que doutra maneira serían inútiles. Isto é moi útil para numerosas aplicacións, incluíndo a interpretación de información en imaxes subexpostas do espazo exterior, como as que tentan resaltar a xeoloxía de corpos celestes no noso sistema solar.

O invento de Askins tamén implicou avances significativos no campo da tecnoloxía médica. En particular, o método de Askins promoveu melloras no revelado de imaxes obtidas por raios X. Imaxes médicas que estaban un 96% subexpostas tornáronse lexibles, isto significou que os doutores puideron baixar dramaticamente o nivel de exposición a raios X ao que sometían aos seus pacientes. Este proceso tamén foi utilizado máis tarde na restauración de fotografías antigas. Askins patentou o seu invento en (Número de patente nos Estados Unidos 4,101,780), e a NASA empregouno cumpridamente en investigación e desenvolvemento.

Premios e recoñecementos En 1978, a Asociación para o Avance dos Inventos e Innovacións nomeou a Askins a Inventora Nacional do Ano. Foi a primeira muller en obter esta distinción de forma individual.

Askins é membro da American Chemical Society, de Sigma Xi, da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia e da World Future Society.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Outros artigos Mulleres na NASA

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Persoal da NASA Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Nados en 1939