José Ángel Vidal Douglas, coñecido como Douglas Vidal, nado en Ciudad Bolívar o 15 de xaneiro de 1928, é un exfutbolista venezolano. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección venezolana.

É o pai do exfutbolista e empresario Juan José "Cheché" Vidal.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no colexio salesiano da súa cidade natal, Ciudad Bolívar. Na década de 1940 trasladouse a Caracas, onde militou no equipo do Liceo Fermín Toro. Alí viuno xogar o italiano Vittorio Godigna, técnico do Dos Caminos Sport Club, que o levou para o seu club. Xogou un só partido co equipo que militaba en Terceira, anotando tres goles, e subiu inmediatamente ao primeiro equipo, co que se proclamou campión da Primeira División en 1945 e 1949.

En 1950 fichou polo Loyola, co que acadou tres subcampionatos de liga. Máis tarde pasou polo Deportivo Vasco, Estudiantes e o Deportivo Celta, reconvertido logo en Deportivo Galicia, onde coincidiu cos seus cuñados Luís e Rodolfo Noya.

Despois de retirarse do fútbol foi directivo do Valencia FC, que presidía o seu cuñado Rodolfo, presidente da Liga Maior, , e vicepresidente e finalmente presidente da Federación Venezolana de Fútbol.

Selección nacional Coa selección venezolana participou en dúas edicións dos Xogos Bolivarianos en 1951 e 1961, nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de 1958 e nos Xogos Panamericanos de 1955.

Foi o primeiro futbolista en marcar un gol no Estadio Olímpico da Universidade Central de Venezuela. Foi o 5 de decembro de 1951, na vitoria por 4-1 contra Panamá.Douglas Vidal anotó el primer gol vinotinto - futbolvision.com.ve

Vida persoal Casou en Caracas coa galega Violeta Noya Domínguez, filla do futbolista, sindicalista e xornalista da Guarda Xoán Noya. Coñeceuna nun partido do Loyola, onde Douglas era compañeiro do irmán dela, Rodolfo Naya. O seu fillo Cheché Vidal foi tamén futbolista e internacional coa selección venezolana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Transfermarkt .

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Venezuela Categoría:Futbolistas de Venezuela Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Vasco de Caracas Categoría:Xogadores do Deportivo Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Venezuela