John Ray Sinnock, nado o 8 de xullo de 1888 en Raton, Novo México, e finado o 14 de maio de 1947 en Saten Island, Nova York, Foi un gravador e deseñador de moedas estadounidense, o oitavo en ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, entre 1925 e 1947."John Ray Sinnock". askART."John R. Sinnock Biography". USA Coin Book.
Traxectoria esquerda|miniatura|196x196px|Esbozos os 10 centavos Roosvelt, realizados por John R. Sinnock.Taxay, D. (1966). Páxina 374.
Sinnock trasladouse a Pensilvania para se formar en Métodos e Deseños Artísticos na Escola de Arte Industrial do Museo de Filadelfia (a actual Universidade das Artes), onde se graduou en 1913. Estes estudos conducírono á consecución do premio A. W. Mifflin.
Logo da súa graduación, axiña se deu a coñecer na comunidade artística de Filadelfia polos seus traballos, varios deles medallas con retratos de presidentes e personaxes célebres da época. Entre outras institucións, formou parte do Philadelphia Sketch Club e da Philadelphia Aliance.
Durante unha década, Sinnock dedicouse á docencia, tanto na súa universidade de orixe como na Case Estern Reserve University. En 1917 ingresou como gravador asistente na Ceca de Filadelfia, da United States Mint, da man do daquela gravador xefe, George T. Morgan, a quen sucedeu no posto en 1925 logo do falecemento deste."John R. Sinnock, Coin Designer". En The Numismatic Scrapbook Magazine. 15 de marzo de 1946. Páxina 260.
Os dous traballos que fixeron máis popular a figura de John R. Sinnock foron as moedas de prata de 10 centavos (dime) co busto de Roosevelt (1946) e de medio dólar co busto de Franklin (1948), por seren estas de curso legal e estaren en circulación durante décadas."The Roosvelt Dime". En Taxay, D. (1966). Páxinas 371-375."The Franklin Halfdollar". En Taxay, D. (1966). Páxinas 376-377. O reverso desta última moeda quedou inacabado polo falecemento de Sinnock e foi concluído polo seu sucesor como gravador xefe, Gilroy Roberts."Gilroy Roberts". USA Coin Book.
Nas ceracións de Sinnock aparecen adoito gravadas as súas iniciais JS. Este feito fixo xurdir nos Estados Unidos, logo da aparición da moeda de 10 centavos en 1946, a crenza popular de que as siglas correspondían ao nome do líder soviético Joseph Stalin e que se debían á infiltración dun axente soviético na casa da moeda, no marco da obsesión anticomunista imperante da época. Este rumor rexurdiu logo da aparición póstuma, en 1948, do medio dólar tamén deseñado por Sinnock.Mikkleson, D. (2011). "Josef Stalin on the U.S. Dime. Do Josef Stalin's initials appear on the dime?". Snopes.com
miniatura|Placa co busto de Roosvelt, obra de Selma H. Burke|175x175px Outra controversia suscitada arredor da moeda de 10 centavos foi a acusación de que Sinnock copiara o busto de perfil do presidente Roosvelt dun baixorrelevo de bronce creado pola escultora Selma H. Burke. Sinnock Negou sempre tal acusación.Ayele Djossa, C. (2018). "Who Really Designed the American Dime?". En Atlas Obscura. 17 de xaneiro."Burke vs. Sinnock: who designed the dime?". En E-Sylum. Vol. 21. Nº 3. 21 de xaneiro de 2018."John R. Sinnock, Coin Designer". En The Numismatic Scrapbook Magazine. 15 de marzo de 1946. Páxina 261.
Ao traballo de John Sinnock débense tamén outras diversas moedas conmemorativas dos Estados Unidos e algunhas medallas e condecoracións militares (nalgunhas ocasións sobre deseños alleos), como a Purple Heart (1932)"Purple Heart". Birmingham Museum of Art. "John Sinnock and the Purple Heart". En The e-Sylum. Vol. 14. Nº 3. 16 de xaneiro de 2011., a Merchant Marine Victory Medal (1946)"Merchant Marine Victory medal ". Collections Online. ou a Yangtze Service Medal (1930),"1926-1932 USMC Yangtze Service Medal". Militaria 1919-1938. entre outras.
Logo do seu falecemento en 1947, parte dos seus bosquexos, utensilios, traballos, etc., forman parte do Museo de Luxemburgo, en París, da American Numismatic Society, en Nova York, e da Colección Numismática Nacional dos EEUU, en Washington.
Moedas deseñadas por Sinnock
1918: EEUU. Medio dólar do Centenario do Estado de Illinois. Sinnock encargouse unicamente do reverso (o anverso é obra de George T. Morgan)."½ Dollar State of Illinois Anniversary". Numista.com 1926. EEUU. ½ dólar. 150 aniversario da declaración de independencia dos EEUU."½ Dollar Sesquicentennial of American Independence". Numista.com 1926. EEUU. 2½ dólares. 150 aniversario da declaración de independencia dos EEUU."2½ Dollars Independence". Numista.com 1944: Bélxica. 2 francos. Emitida para a súa circulación durante a ocupación aliada para a liberación de Bélxica, na II guerra mundial."2 Francs Allied Occupation Coinage". Numista.com 1946: EEUU. 10 centavos (dime). Busto de Roosvelt no anverso. Moeda de curso legal ordinario."1 Dime "Roosevelt Silver Dime" e "1 Dime "Roosevelt Dime". Numista.com 1948: EEUU. ½ dólar. Busto de Franklin no anverso. Moeda de curso legal ordinario."½ Dollar "Franklin Half Dollar"". Numista.com
Galería de traballos de Sinnock
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Taxay, D. (1966). The U.S. Mint and Coinage. Nova York.
Outros artigos Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en Novo México Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Artistas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade das Artes (Filadelfia) Categoría:Profesores da Universidade das Artes (Filadelfia) Categoría:Profesores da Case Western Reserve University