miniatura|270px|Lápida da tumba dos irmáns Presl, no cemiterio de Vyšehrad Jan Svatopluk Presl, nado o 4 de setembro de 1791 preto de Praga, e finado o 6 de abril de 1849 en Praga foi un botánico, químico, mineralólogp, paleontólogo, xeólogo, zoólogo e político do Reino de Bohemia.
Ademais foi un lexicógrafo, impulsor da lingua checa para a linguaxe científica, cando unicamente se escribía en alemán. Foi o autor da terminoloxía científica checa de varias ramas da ciencia, incluída a nomenclatura química. Foi tamén coautor dunha importante obra taxonómica checa, O Přirozenosti Rostlin.
Traxectoria Como científico Jan Presl estudou o bacharelato no Gymnasium dos escolapios de Praga, e máis tarde medicina na Universidade Carolina de Praga, onde alcanzou o título de doutor. Porén, nunca exerceu como médico, senón que foi profesor audante de zooloxía e mineraloxía. En 1818 traballlou en Olomouc (Moravia) até 1820. Logo regresou a Praga, onde foi profesor de zooloxía e mineraloxía na Universidade Carolina durante 28 anos.Lotte Burkhardt (2018): Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen – Erweiterte Edition. Teil I und II. Berlin: Botanic Garden and Botanical Museum Berlin, Freie Universität Berlin. ISBN 978-3-9462-9226-5.
Foi cofundador da terminoloxía checa en moitos campos científicos, especialmente en mineraloxía, química, zooloxía e botánica. Introduciu palabras dobres para a designación de compostos inorgánicos e diferenciou o número de oxidación coa axuda de sufixos. Porén, non se puido utilizar toda a súa terminoloxía. As súas obras foron posteriormente complementadas ou revisadas por Vojtěch Šafařík, Alexandr Sommer-Batěk e Emil Votoček.
Desccribiu máis de 800 especies de plantas.
Como político Como político, J. Presl foi un destacado patriota. Pertenceu ao grupo do Renacemento Nacional Checo, que planificou o establecemento do Museo Nacional con outros patriotas. En 1821 cofundou a primeira revista científica checa Krok. En 1848 foi un dos delegados da Asemblea Eslava, e deputado no Reichstag do Imperio austríaco polo Antigo Partido Checo (en checo, Staročeši, oficialmente Partido Nacional, Národní strana) que se formou no Reino de Bohemia e nas terras da coroa bohemia do Imperio austríaco no ano da Revolución de 1848, para lograr unha mellor posición de Bohemia dentro da monarquía dos Habsburgo.
Algunhas publicacións Deliciae Pragenses, Historiam Naturalis Spectantes. Editae a Joanne Swatopluco Presl...et Carolo Bor̆iwogo Presl... (Co seu irmán Karel Bořivoj Presl (1822). (Ver dixitalizado) Flora Čechica (Praga, 1819), co seu irmán Karel Bořivoj Presl, o primeiro herbario completo e sistemático, que contiña 1 498 especies (ver dixitalixado). Mantissa I. ad Floram Čechicam (1822, Volume suplementario). Lučba čili chemie zkusná [Química didáctica ou experimental] (1828–1835). Nerostopis čili Mineralogie [Nerostopis ou mineraloxía] (1837). O Přirozenosti Rostlin [Sobre a natureza das plantas]. (Con Friedrich von Berchtold), Praga: Krala Wiljma Endersa. (1820). O Přirozenosti Rostlin aneb rostlinář [Sobre a natureza das plantas ou o plantario]. (Con Friedrich von Berchtold). Praga: Jos Krause. (1820–1835). (Ver dixitalizado).
Honores Epónimos Xéneros Na súa honra e na do seu irmán Karel Bořivoj Presl (1794-1852), nomeáronse os xéneros Preslia Opiz (1824).Naturalientausch viii. (1824) 86; e en Flora, vii. 1824 322 (IK). da familia das lamiáceas (hoxe reclasificado como Mentha L.) e Preslianthus Iltis & Cornejo da familia das caparáceas.
Especies (Cyperaceae) Hymenochaeta preslii (A.Dietr.) Nakai.Bull. Natl. Sci. Mus., Tokyo nº 31: 133, 1952 (IK) (Dryopteridaceae) Ctenitis preslii (Bak. in Hook. & Baker) Copel.Gen. Fil. [Copeland]: 124, 1947 (IF) (Euphorbiaceae) Euphorbia preslii Spruner ex Nyman.Consp. Fl. Eur. 3: 654, 1881 (IK) (Hymenophyllaceae) Hymenophyllum preslii (Bosch) Rosenst.Bull. Jard. Bot. Buitenzorg Ser. 2, II. 25 1911 (IF) (Poaceae) Calamagrostis preslii (Kunth) Hitchc.Contr. U.S. Natl. Herb. 24: 370, 1927 (GCI)
Revista A revista científica Preslia da Sociedade Botánica Checa, que se publica desde 1914, tamén leva o nome dos dous irmáns.
Abreviatura A abreviatura J.Presl emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[https://www.ipni.org/a/7947-1 J.Presl, Jan Svatopluk (Swatopluk) (1791-1849) no IPNI].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hoffmannová, Eva (1973): Jan Svatopluk Presl, Karel Borivoj Presl. Praga. Kimball, S. B. (1973): "The Austro-Slav Revival: A Study of Nineteenth-Century Literary Foundations". Trans. Am. Ph. Soc., NS, 63 (4): 1-83. Kolari, Veli (1973): "Notes on Jan Svatopluk Presl as Terminologist". Scando-Slavica 19: 187-196. Kolari, Veli (1981): Jan Svatopluk Presl und die tschechische botanische Nomenklatur: Eine lexikalisch-nomenklatorische Studie. Helsinqui. Moritsch, Andreas, ed. (2000): Der Prager Slavenkongress 1848. Viena. Moritsch, Andreas (2000): "Revolution 1848 – Österreichs Slaven wohin?" En: Moritsch (ed.): 5-18. Pokorný, Jiří (2000): "Der Prager Slavenkongress und die Tschechen". En: Moritsch (ed.) 63-70. Weitenweber, W. R. (1854): "Denkschrift über die Gebrüder Joh. Swat. Und Carl Bor Presl". En Abhandlungen der Königlich-Böhmischen Gesellschaft der Wissenschaften, Folge 5, vol. 8: 4-27.
Outros artigos Carl Presl
Ligazóns externas Biografía .
Categoría:Botánicos da República Checa Categoría:Químicos da República Checa Categoría:Químicos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade Carolina de Praga Categoría:Profesores da Universidade Carolina de Praga Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua checa Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en 1794 Categoría:Nados en Praga Categoría:Finados en 1852