Domingo Rodríguez Moscoso, coñecido como Patacheira, nado en San Clodio (Ribas de Sil) o 2 de outubro de 1912 e finado en Cidade de México o 2 de marzo de 1982, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Albanel pintor. Afiliado á Sociedad de Oficios Varios (UGT) e á Agrupación Socialista de San Clodio en maio de 1931. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 estivo detido durante catro meses. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Afiliouse ao PCE, foi miliciano do Batallón Asturias 19 e tenente de Carabineiros. Encartado no sumario 1102/37, foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi recluído no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. O 27 de xullo de 1939 chegou a Veracruz como polisón no vapor Mexique. En México afiliouse á Agrupación Socialista Española e dedicouse aos negocios. Fixo fortuna coa súa propiedade no estado de Xalisco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego en PDF

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes