JoAnn Hardin Morgan, nada en Huntsville (Alabama) o 4 de decembro de 1940, é unha enxeñeira aeroespacial estadounidense que foi pioneira no programa espacial dos Estados Unidos como a primeira enxeñeira muller da NASA e a primeira muller en obter o cargo de Executivo Sénior no John F. Kennedy Space Center. Polo seu traballo na NASA foi galardoada polo presidente dos Estados Unidos Bill Clinton en 1995 e 1998. Antes do seu retiro en 2003 pasou por diferentes postos de liderado nos 40 anos de programas espaciais da NASA. Morgan foi directora de Relacións Externas e Desenvolvemento de Negocios durante os seus últimos anos no Centro Espacial.
Traxectoria JoAnn Hardin é a maior dos catro fillos de Don e Laverne Hardin, piloto da Armada dos Estados Unidos en Redstone Arsenal durante a segunda guerra mundial. Mentres estaba na secundaria a súa familia mudouse a Titusville (Florida) onde o seu pai traballaba en Cabo Cañaveral como administrador de artillaría no programa de foguetes do Exército dos Estados Unidos. Logo de graduarse na escola secundaria en xuño de 1958 uniuse á Axencia de Mísiles Balisticos da Armada en Cabo Cañaveral como asistente civil de enxeñaría. No inverno de 1958 inscribiuse na Universidade de Florida en Gainesville onde estudou matemáticas. Durante os veráns continuaba traballando en Cabo Cañaveral baixo a mentoría do enxeñeiro Wernher von Braun. Durante o seu traballo como asistente de enxeñaría tivo experiencia como deseñadora de sistemas de lanzamento de foguetes para os primeiros programas de voo da NASA. Logo de licenciarse en Matemáticas pola Universidade de Jacksonville en Alabama en 1963 foi a traballar para a NASA no Centro Espacial John. F. Kennedy como enxeñeira aeroespacial.
Centro Espacial John F. Kennedy esquerda|miniatura|JoAnn Morgan durante o lanzamento do Apolo 11 En 1963 comezou o seu traballo a tempo completo no Centro Espacial Kennedy, sendo a única muller enxeñeira durante moito tempo no lugar. Tamén foi a única muller enxeñeira na sala de lanzamento durante a misión Apolo 11 o 16 de xullo de 1969.Koren, Marina, The Apollo Engineer Who Almost Wasn’t Allowed in the Control Room, The Atlantic, Friday, xullo 19, 2019
Morgan lembra con humor que "durante os primeiros 15 anos traballaba nun edificio sen baño para mulleres", e "foi un gran día cando finalmente houbo un".
Premios e recoñecementos
1995 - foi incluída no Salón da Fama da Muller de Florida. 1991 - Recibiu unha medalla de liderado excepcional. 1996 - Recibiu o premio "Servizo distinguido" pola Space Coast Chapter of Federally Employed Women.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mulleres na NASA
Ligazóns externas JoAnn Morgan, la ingeniera que tenía “combustible de cohete en la sangre
Categoría:Nados en Huntsville Categoría:Enxeñeiros aeroespaciais Categoría:Nados en 1940 Categoría:Persoal da NASA Categoría:Programa Apollo